
miércoles, 29 de julio de 2009
[ 2ª divis.b ] LISTA DA A.F.E.DOS CLUBES DENUNCIADOS E IMPORTE DO IMPAGADO.

O "Cidade de Santiago" presenta 18 denuncias por impagos por un valor total de 204.020.
O número de denuncias e polo tanto a deuda contraida, poido rexistrar modificacións debido as negociacións que se están a levar nestas últimas semáns.
______________________________________
lunes, 27 de julio de 2009
[ 2ª divis.b ] HORARIO DOS ADESTRAMENTOS.


O horario de adestramentos para a presente semán e o seguinte: polas mañáns, a partires das 10.00 no campo da Mercé, en Conxo; polas tardes, a partir das 17.30 horas no campo de San Lázaro II, anexo a San Lázaro.
O sábado realízase soio unha sesión en horario de mañán no campo de San Lázaro II.
Nas sesións de adestramento matutinas trabállase máis o aspecto físico, e nas da tarde mistúrase o físico con aspectos tácticos, estratexia, técnica...
Fotos recollidas da páx web do club.
_____________________________________
sábado, 25 de julio de 2009
[ falta directa ] UNHA PRETEMPORADA ATÍPICA.



Lugo, Pontevedra ).
No inicio de pretemporada, altas e baixas, é un asunto que a de estar rematado e as plantillas a ser posíbel conformadas
As pretemporadas adquiren máis importancia cando un equipo se está renovando por completo, equipo técnico incluido
Comprendo o que se dixo... que antes de fichar, había que negociar ca plantilla actual, pero ainda así paréceme que todo este proceso vai muy relantizado, tanto que vai en retroceso.
O mercado de fichaxes co tempo vai quedando máis limitado, hay menos marxe para fichar con garantías.
O capítulo de altas está paralizado e no de baixas é onde se producen novas. Ista semán as de Mackay, Raul e Sefal que se suman as de Julen a semán pasada. E temos os casos de Gonzalo e Franqueira que manifestan publicamente non querer continuar no Cidade e mesmo xa teñen destino negociado: Compostela e Cerceda, respectivamente.. imaxino que ao final seguiran os pasos dos seus compañeiros que tendo contrato en vigor quiseron abandoar o club, e acaben aceptando a mesma fómula para conquerir desvincularse da entidade: renunciar o cobro ou parte das mensualidades adeudadas.
Ter un xugador con contrato, que se sinta incomodo no club, non resulta agradábel, o final e perxudicial para ambas partes, polo cal paréceme ben que se faciliten as saidas dos xugadores. A fórmula de negociación é muy discutíbel, produce mala imaxen, rechazo; e a fin de contas quen esté perdendo ademais do xugador é o club ca marcha destes xugadores.
O proiecto en si, e as formas de pago da deuda que ofrecen os novos donos do club non inspiran confianza nos xugadores que se temen vivir unha tempada coma anterior.
Raul García consigue a carta de liberdade a cambio de duas mensualidades impagadas. É unha pena que Raul se queira ir, como él mesmo manifestou " aos seus 30 anos busca un club consolidado e serio", valores que imaxino pola sua marcha, non atopa no Cidade. Para o club sería máis rentábel que Raul se quedara.
Raul García, Julen, Mackay ...¿ Franqueira e Gonzalo ?...serían xugadores claves, para afrontar a tempada vindeira con posibilidades de cumplir o obxetivo da permanencia.
Y a estas alturas cando os demais equipos escomenzan os encontros amigables, no noso seguen as conversas de xugadores intentando rescindir contratos. Sobre fichaxes, din que para esta semán haberá novedades . Ista semán, o día 31 remata tamén o plazo para solventar as deudas cos xugadores, trámite previo para poder competir en Segunda División B.
Fotos recollidas dos xornais El Correo Gallego e La Voz de Galicia.
____________________________________
jueves, 23 de julio de 2009
[ 2ª divis.b ] MACKAY NOVO PORTEIRO DA PONFERRADINA.
A SD Ponferradina presentou hoxe tres novos reforzos entre eles o porteiro Ian Mackay e o que foi dianteiro do Pontevedra, Yuri.
[ 2º divis.b ] SIN PORTEIROS
As baixas confirmadas de Mackay e de Raul Garcia, deixan o Cidade orfo de porteiros, o recindir contrato o único que estaba en nómina.
A marcha de Raul García tamén vámola sentir. Xugador polivalente. Dende que recalou no Cidade na 2ª volta da tempada anterior foi titular indicutíbel con Luisito como técnico.
_______________________________________
A marcha de Raul García tamén vámola sentir. Xugador polivalente. Dende que recalou no Cidade na 2ª volta da tempada anterior foi titular indicutíbel con Luisito como técnico.
_______________________________________
miércoles, 22 de julio de 2009
[ 2ª divis.b ] A PLANTILLA: MACKAY



A Ian Mackay, na tempada 2006-2007 o Deportivo cedeuno o Ceuta da 2ªDivisión B, neste club permaneceu ata que se abriu o mercado invernal, recalando no Universidad de Oviedo da mesma categoría, en réxime de cesión do Deportivo, ata que o día 06/03/2007 se lesiona nun encontro ante o Sestao, o que require pasar polo quirófano. Diagnóstico: luxación no codo esquerdo con afectacións de ligamentos. Perdéuse o resto da tempada. Co Universidad de Oviedo levaba un promedio de 8 partidos xugados, 13 goles encaixados. A 1ª volta da tempada nas filas do Ceuta disputara soio 3 partidos encaixando 3 goles.
Na tempada seguinte , Mackay desvincúlase do Deportivo e o 01/09/2007 comprométese ca U.D Vecindario da 2ª División B. Neste equipo na 1ª volta apenas xoga, 5 partidos, oito goles encaixados; e acepta o día 31/01/2008 a proposta do Cidade de Santiago, que daquela ocupaba o segundo posto na clasificación do grupo I da Terceira División. O ano do ascenso.
No Cidade atopou continuidade no xogo, en gran parte pola confianza que nel depositou Luisito. A tempada anterior foi a máis regular e a máis brillante dende que é profesional: 34 partidos como titular e 36 goles encaixados, o sexto millor promedio do grupo I da Segunda B.
Fotos recollidas dos xornais El Correo Gallego e La Voz de Galicia.
__________________________________
[ 2ª divis. b ] UN GRAN GRUPO.


Si algo ten este grupo humán e que sempre cumpliron co dito "o mal tempo boa cara ", mesmo onte ca chuvia que caia durante o adestramento veísaslle de bo humor e sonrintes, ainda que máis de un está a padecer a sua particular tormenta veraniega.
Onte déronse cita os once convocados, que son os xugadores que seguen mantendo relaccións labores co Cidade. Non houbo ninguha ausencia, boa sinal de que as conversas sobre o tema dos impagos avanza. Javier Villalba está presente esta semán en Santiago tratando este tema.
J.Luis Lemos estrenouse como adestrador do equipo.
Gustoume, cando ante a pregunta do xornalista do Correo Gallego sobre posíbels baixas neste once inicial, responde que si o club soluciona o adeudado e hai un contrato por medio o lóxico e respetar o contrato, e que nos próximos días falará individualmente con cada xugador para coñecer a sua actitud, forma de pensar ... de todos xeitos non descarta algunha baixa.
Gran traballo ten por diante J.Luis Lemos e os seus axudantes, en todos os aspectos: organizativo, psicoloxico, táctico, físico...Concedéndolle o psicoloxico importancia vital nun equipo que ata fai duas semáns o seu futuro era máis que incerto e os xugadores vianse na obriga de "buscar emprego" atopándose algún en negociacións ca conseguinte interrupción, cambio de plans, etc..
Van a a realizar a pretemporada co primer equipo tres xugadores do Santiago de Compostela C.F da Preferente, club que este ano vai ser xestionado polo CD. Conxo: os defensas Marcos e Martín Barreiro e o centrocampista Jacobo Tato. Así como Breogán Pereira Pérez (Ourense. 19/05/81), centrocampista, procedente do C.D Ourense. Con anterioridade xugara no equipo de A Ponte Ourense. E irmán do tamén xugador do CD Ourense, o dianteiro Moises Pereira. Tamén fará a pretemporada Pedro Henrique, un brasileiro de 22 anos que pode actuar tanto de defensa como de medio central. Iste grupo de xugadores estará a proba durante a pretemporada, grupo o cal se poden unir máis xugadores os próximos días.
________
Fotos recollidas dos xornais El Correo Gallego (abaixo) y La Voz de Galicia (arriba).
_________________________________
_________________________________
[ 2ª divis.b ] PLANTILLA.EDADE XUGADORES.
_________data de nacemento_____edade__
___________________________________
J.Torres_______13/03/1980________29
P.López_______21/09/1977________32
Dopico________29/12/1986________22
Franqueira______05/09/1984_______24
Gonzalo________25/02/1986_______23
M.Suárez_______ano 77__________32
Zabala_________25/02/86_________23
Maykel_________18/03/76_________33
Changui________abril 77__________32
__________________
Promedio media edade plantilla actual: 27.7
__________
-modificada días posteriores cas baixas de Mackay e Raul García.
______________________________________
___________________________________
J.Torres_______13/03/1980________29
P.López_______21/09/1977________32
Dopico________29/12/1986________22
Franqueira______05/09/1984_______24
Gonzalo________25/02/1986_______23
M.Suárez_______ano 77__________32
Zabala_________25/02/86_________23
Maykel_________18/03/76_________33
Changui________abril 77__________32
__________________
Promedio media edade plantilla actual: 27.7
__________
-modificada días posteriores cas baixas de Mackay e Raul García.
______________________________________
martes, 21 de julio de 2009
[ 2ª divis.b ] PRIMER ADESTRAMENTO
Hoxe martes a partir das 17.30 horas no campo San Lázaro II. A lista de xugadores convocados son os xugadores que manteñen contrato co club, máis cinco xugadores sub-23 que farán a pretemporada co "Cidade", tres deles xugadores do club Santiago de Compostela.
Na lista de xugadores que teñen contrato co Cidade para a vindeira tempada, proporcionada hoxe polo xornal El Correo Gallego, aparece Raul García. Boa nova esta.
________________________________
lunes, 20 de julio de 2009
[ falta indirecta ] ANTE TODO MOITA CALMA !!! ISTA SEMÁN BOAS NOVAS ( esperemos!! )
_____________
A semán que entra preséntase decisiva no capítulo de confirmación de fichaxes, por unha banda temos as conversas mantidas cos xugadores da actual plantilla os cales remataron contrato e se lles pudo ofrecer renovar, e por outra, novas incorporacións de outros equipos ou mesmo do filial.
____________A mediados de semán o equipo escomenza os adestramentos en Santiago, no campo habitual, San Lázaro II. Xa vos informarei do horarios de adestramento por si dispodes de tempo e vos queredes acercar.
____________
_______________________________
domingo, 19 de julio de 2009
[ 1ª auton.] MANUEL ALLER, LEVI, ADESTRARÁ O DUBRA



Lembrar tamén, que Manuel Aller exercía de 2º adestrador a tempada pasada con Luisito como adestrador do 1ª equipo.
Fotos recollidas da páx. www do club.
___________________________________
sábado, 18 de julio de 2009
[ falta directa ] SOBRE AS FICHAXES
_________________________________
¿Que será deles? ¿ Ficharían xa por algún equipo?. Se lles propondría algún deles renovar? de ser así aceptarían?
Javier Villalba cando chegou o club comentou que a estes xugadores, o a parte deles, ofreceríaselles a renovación.
Durante a presente semán Javier Villalba e Antonio Álvarez, director deportivo, mantiveron contacto cos xugadores. Estas conversas sóiense levar ca discrección lóxica que toda negociación require.
Por agora nada transcendeu ainda que a mediados da semán vindeira está prevista o escomenzo dos adestramentos.
Os socios e simpatizantes deste equipo ¿ como non vamos estar preocupados? a semán que está a punto de rematar as novas que recibimos son: a baixa sorpresiva de Julen e o interés de varios xugadores por fichar por outros equipos onde atopan máis fiabilidade nos administradores.
A menos de seis semáns para o escomenzo do campeonato de Liga contamos con 11 xugadores.
__________________________________
[ 2ª div.b ] XUGADORES NA ACTUALIDADE DISPONÍBELS
Jesús Torres______lateral esquerdo/defensa central
Pablo López_______defensa central
Dopico___________lateral esquerdo
Gonzalo__________medio centro
Franqueira________interior dereito
Changui__________dianteiro
M.Suárez_________dianteiro
Maikel____________dianteiro
Zabala____________dianteiro
_______________________________
modificada posteriomente tras a baixas de Mackay e Raul García.
____________________________________________
viernes, 17 de julio de 2009
[ falta directa ] POUCA INFORMACIÓN SOBRE A MARCHA DE JULEN





Julen foi un dos xugadores que a tempada pasada era un fixo nas aliniacións de Luisito, de feito foi titular en 26 ocasións xugando un total de 2.498 minutos, e non participando en soio 6 partidos ao longo da tempada, tres en cada volta, de un total de 38 partidos dos que se compón o campeonato de Liga.
Nas encuestas da páxina web do Club, acerca dos millores xugadores do partido xugado en San Lázaro, Julen foi o millor valorado en moitas ocasións. A aficción creo que lle ten aprecio e reconoce o su talento e aporte de calidad a este equipo.
Julen era un dos xugadores cos que en principio se contaba para esta vindeira tempada ao ter contrato ainda en vigor por unha tempada máis. Según informacións extraidas dos medios informativos, Julen decidiu quedarse en Francia, mesmo fichou por un equipo francés.
Sobre este asunto considero que o club debe sacar unha nota oficial na páxina web dando unha explicación máis detallada.
É triste enterarse pola prensa destas noticias e sobre todo con informacións tan vagas.
A marcha de Julen merécese polo menos dous titulares na páxina web do club, un de recoñecemento e outro de explicacións detalladas sobre a sua marcha.
Fotos recollidas dos xornais La Voz de Galicia e El Correo Gallego.
_____________________________________
[ 2 div.b ] MACKAY. ACLARACIÓN SOBRE O SEU REPRESENTANTE

Mackay tivo como representante o Sr. Javier Villalba do que actualmente está desvinculado a efectos de representación.
Por outra banda comentar que Mackay negociou ca SD Compostela, o Zamora interesouse tamén pola sua contratación e finalmente é a UD. Logroñes quen está tratando de facerse co seus servicios.
_______________________________
jueves, 16 de julio de 2009
[ falta directa ] A INTRANQUILIDADE DOS XUGADORES



Que os xugadores estén intranquilos e exista incertidume sobre o novo proiecto é lóxico: danse todalas circustancias para que elo aconteza.
Dispois de todas as vicisitudes vividas a tempada pasada o serio sería que a estas alturas as deudas estiveran finiquitadas con todas as partes implicadas: xugadores, corpo técnico e empregados. Pero seguimos igual: "El Cuento de la Buena Pipa"como diría J.Luis Cisneros, xornalista do diario EL Correo Gallego e Radio Obradoiro, pero agora en forma de pagarés.
Ca chegada do "inversor" non se acaba de solucionar a incertidume que rodea o club.
Si o suposto grupo de inversores que dí representar o Sr. Javier Villalva Serrano, non está capacitado para facer frente en efectivo a unha deuda contraida cos xugadores, adestrador e preparador físico, tasada en 235.000 euros, estanos amosar xa, dende un principio, pouca fiabilidade.
E precisamente, dispois da campaña vivida a tempada pasada, "credibilidade" é o que necesitan os xugadores neste momento. Credibibidade nun proiecto e nunhos inversores novos, e para meu entender o Sr. Javier Villalva non transmite o valor anteriormente mencionado.Os casos coñecidos de Gonzalo, Maykel e Mackay mantendo conversacións, e algún deles negociacións con outros clubs non me parece criticábel, vendo que a inestabilidade económica no club segue presente.
Fotos recollidas dos xornais La Voz de Galicia e El Correo Gallego.
________________________________
miércoles, 15 de julio de 2009
[ falta directa ] JAVIER VILLALVA, O INVERSOR

Dispois da larga enfermidade invernal e entrado en agonía dende a primavera chega un Sr. de Valencia que di estar respaldado por un grupo de empresas (en medios informativos fálase de que o grupo é unitario) e en tres días chégase a un acordo para "resucitar" o Cidade.
Como socio e simpatizante que son do "Cidade" sentín alegría de que se chegara a unha solución que permitira o 1º equipo, o filial e o femenino seguir competindo nas categorias que deportivamente se conqueriran a tempada pasada.
Alégrome, porque por fin os xugadores e o corpo técnico cobrarán antes do día 30 do presente mes o adeudado, salvo "sorpresa maiúscula" como advertía Antonio Álvarez na cadena SER a semán pasada, cobro que é condición indispensábel para poder competir na Segunda Division B a vindeira tempada 2009/10.
Esta operación mercantil, que reflexa tan as claras a evolución do fútbol como "negocio"ou pseudonegocio, un deporte globalizado, onde aquelo de "sentir as cores"quedou limitado os soños dos rapaces máis novos vesoa máis cargada de interrogantes que de luz; transmitiriame máis confianza un proiecto no cal se implicara alguén máis cercano, con un curricullum e unhas referencias máis claras( según rastreos da cadea SER en Internet, Javier Villalba non posee bos antecedentes nas suas incursións no mundo do futbol [ SER.Local.8/07/2009 ] ).
Esta mesma semán, o lúns, a mesma cadea de radio sorpréndeme ca nova de que o Sr. Javier Villaba exerce de representante de xugadores sin ter para elo titulación oficial, e que entre os seus representados figura o porteiro do "Cidade" Ian Mackay.[ SER.Local 13/07/2009 ]
Ian Mackay, e supoño que o seu representante mantiveron negociacións ca SD Compostela, club este último interesado en facerse cos servicios do porteiro, os días previas o acordo que convirtiría a Javier Villalba propietario do 51% das accións do Cidade de Santiago.
A realidade é que o empresariado local, o proxecto do Cidade nunca lle resultou atrainte e senón fora polo capital foraneo do Sr. Villalba esta entidade iba sufrir un parón considerábel.
Esperemos que nos vindeiros días non se produzca ningunha "sorpresa maiúscula"
Foto recollida do xornal La Voz de Galicia.
___________________________________
[ 2 div.b ] CALENDARIO TEMPADA 2009/10
Pinchando no seguinte enlace tedes acceso o calendario da vindeira tempada na Segunda División B, grupo I:
http://www.futbolme.com/com/1/_nac/3/segunda_division_b_-_grupo_1.asp?modo=calendarioA este calendario se terá acceso permanente na sección Informativos.com
________________________________
[ 2ª div.b ] ADRÍAN VÁZQUEZ, NOVO PREPARADOR FÍSICO
[ 2ª div.b.] J.LUIS LEMOS, NOVO ADESTRADOR.
O santiagués José Luís Lemos será o novo adestrador do "Cidade" da Segunda División B. Lemos non adestrou a pasada tempada a ningún club dispois de estar vinculado os últimos anos o equipo coruñés Montañeros, club co que ascendeu de Primeira Autonómica a 3 ª División.
O Montañeros completaba no 2007 co ascenso a 3ª División un ciclo de catro ascensos consecutivos que escomenzara no ano 2003 en 3ª Rexional. De 3ª rexional a 3ª división entre os anos 2003 e o 2007. En catro temporadas soio seis derrotas en caseque 150 partidos. Patrocinado polo Banco Gallego e apoiado cada campaña por unhas xenerosas contribucións económicas.
Co adestrador Manuel Cortes o equipo sube de 3ª a 2ª autonómica, no ano 2004. Alberto Esparís subiuno a Primeira Autonómica no ano 2005, e con José Luís Lemos ascendeu a Preferente e dispois a Terceira División.
Durante istes últimos meses J.L.Lemos recibiu varias ofertas de clubs, interesáronse por él, o Ordenes, o Ponteceso SD, o CD Ourense...
J.L.Lemos na sua etapa de xugador de fútbol xugou nos equipos do Endesa As Pontes e o Arteixo, cando estes clubes militaban na Segunda B.
_________________________________
lunes, 13 de julio de 2009
AVISO IMPORTANTE
DENDE O DÍA DE HOXE ESTE BLOG QUEDA DESVINCULADO DA PEÑA PEPE RICO.
__________
SI ALGUÉN ESTÁ INTERESADO EN RETOMAR O PROXECTO DA PEÑA, DURANTE A PRESENTE SEMÁN DEIXARÉN NAS INSTALACIÓNS DO CLUB NO CASTIÑEIRIÑO A LISTA DA XENTE QUE SE APUNTARA A DITA PEÑA E TAMÉN UN BORRADOR DOS ESTATUTOS.
__________
PARA RETIRAR DITA LISTA E NECESARIO PRESENTAR O D.N.I. E ESTAR APUNTADO NA LISTA. (si alguén ten algunha dúbida enviar comentario)
___________
________________________________
__________
SI ALGUÉN ESTÁ INTERESADO EN RETOMAR O PROXECTO DA PEÑA, DURANTE A PRESENTE SEMÁN DEIXARÉN NAS INSTALACIÓNS DO CLUB NO CASTIÑEIRIÑO A LISTA DA XENTE QUE SE APUNTARA A DITA PEÑA E TAMÉN UN BORRADOR DOS ESTATUTOS.
__________
PARA RETIRAR DITA LISTA E NECESARIO PRESENTAR O D.N.I. E ESTAR APUNTADO NA LISTA. (si alguén ten algunha dúbida enviar comentario)
___________
________________________________
jueves, 9 de julio de 2009
PEPE RICO FICHA POLO ESTRADENSE


Pepe Rico formalizou onte o seu fichaxe polo equipo da sua vila natal, o Estradense, club onde iniciara a sua traxectoria futbolística e onde pensa rematala. O Estradense estase a reforzar cara a vindeira tempada co propósito de ascender a 3ª División.
Pepe ainda segue a ter pequenas molestias na rodilla das que lle desexamos que se recupere.
A foto de arriba corresponde a presentación co Estradense, a de abaixo o día da despedida como xugador do Cidade.
Fotos recollidas do xornal "El Correo Gallego".
____________________________________
____________________________________
miércoles, 8 de julio de 2009
INFORMACIÓN DO DIARIO AS
Según informa o diario "AS" na sua edición de hoxe, "o grupo inversor valencián subscribiu unha opción de compra polas acións dos Srs. Devesa e Súarez, opción que se materializará cando queden resoltas as deudas do "Cidade". En caso de non abonarse ditas deudas as acións voltarán os actuais propietarios."
" O total económico da operación non transcendeu, ainda que si se sabe que o Cidade mantén unha deuda de 220.000 euros cos xugadores denunciada na AFE, e de 15.000 con Luisito e Roberto Valdés (preparador físico). O resto de empregados cos que se mantén deuda, ésta será negociada através de contratos privados."
_____
Según AS, os xugadores con contrato en vigor para a vindeira tempada son:
Mackay, Pablo López, Jesús Torres, Dopico, Gonzalo, Franqueira, Julen, Marcos Súarez, Changui e Zabala.
_________________________________
martes, 7 de julio de 2009
O ACORDO XA ESTÁ FIRMADO.

O acordo o que chegaron o grupo inversor valencián e os dous máximos accionistas do club, Srs Devesa e Suárez, poseedores de máis da mitade das accións da Sociedade xa ten a firma de conformidade por ambas partes.
As negociacións tiveron lugar no bufete da abogada Filomena Casal Gómez, abogada que habitualmente defende os intereses da familia Devesa.
Según informa a cadena SER, a intención do grupo inversor e facerse co 65 por cento do accionariado en vindeiras operacións.
____________
Infórmovos dos xugadores que seguen tendo contrato co "Cidade":
Mackay, Pablo López, Raul García, Jesús Torrés, Dopico, Julen, Changui, Marcos Suárez, Maykel e Zabala.
Gonzalo e Franqueira teñen opción a ampliar un ano máis o seu contrato. Polos partidos xugados a tempada pasada, ampliariáselles o contrato.
_________________________________
¡¡¡ O CIDADE VIVE !!! LARGA VIDA O CIDADE.

Cando naide apostaba un centimo pola continuidade do "Cidade de Santiago", e xa se escomenzaban a divisar os piores presaxios, aconteceu o que levábamos esperando fai tempo: que alguén invirtira neste equipo. E de lonxe tivo que vir a financiación: un grupo inversor valencián toma as rendas do club. Os ata agora dous máximos accionistas da entidade, Sr Suárez Alén e Sr Devesa, cédenlle as suas accións.
O primer equipo, o filial de 1ª autonómica e o equipo femenino serán xestionados polos novos donos.
Con está nova situación por fin poderá facerse frente as deudas que mantén o club cos xugadores e corpo técnico.
Agora preséntase unhas vindeiras semáns intensas de novas relativas o 1º equipo e o club en xeral: novo adestrador, novos fichaxes, baixas.
Novas das que teredes cumplida información neste blog.
________________________________
lunes, 6 de julio de 2009
TORNEO DE FÚTBOL FEMENINO
miércoles, 1 de julio de 2009
INVERFÚTBOL RECLAMA A AUDITORÍA DOS 2 ÚLTIMOS ANOS.
Seguindo con este culebrón de compra-venta do club onde escomenzan a aflorar máis sombras que luces, a empresa interesada nun principio na compra da entidade reclama a Auditoría dos dous últimos anos. Auditoría que debe amosar a situación económica "real" do club.
Remítovos a :
http://www.lavozdegalicia.es/deportes/2009/07/01/0003_7819811.htm
______________________________________
Suscribirse a:
Entradas (Atom)