
Unha vez finalizado o Campeonato de Liga na Segunda División B, e a espera de que rematen as diferentes Liguillas nas que participan varios dos equipos base que conforman o "Cidade de Santiago", imaxino que se convocará unha Xunta extraordinaria de accionistas co fin de solventar a provisionalidade imperativa do actual Consello de Administración ao tempo que se tratará sobre o futuro do 1º equipo. Personalmente non poseo ningunha información acerca de unha hipotética viabilidade do proxecto. Non sen si nos últimos meses o Consello de Administración do club tratou de atopar algunha solución(financiación, patrocinios, etc)cara seguir competindo a vindeira tempada(imaxino que si pero témome que con resultados estériles), ou mesmo si xurdiu alguén interesado en tomar as rendas do club; ou si pola contra os accionistas maioritarios desta Sociedade Anónima Deportiva ante a falla de apoios vanse ver forzados a vender as accións da Sociedade co fin de poder saldar as deudas contraidas.
Por outra banda nas tertulias deportivas na radio e mesmo en declaracións a prensa escrita algún dirixente do "Cidade" e persoas alleas o club manifestaban que o futuro do fútbol santiagués pasa pola unidade, que por exemplo non tería sentido nunha cidade como Santiago ter dous equipos competindo en Segunda División B, no hipotético caso de que a SD Compostela ascendera de categoría. Non teño constancia dos pasos a seguir para chegar a tal fin, e sospeito que quen formule tal proposición teña claro o camiño para chegar a tal converxencia
O problema co fútbol en Santiago é que tanto a poboación como o empresariado nunca mantiveron un compromiso constante con ningún equipo da cidade que deportivamente conquerira xugar en categorias nacionais do fútbol español. Hay unha especie de divorcio, desinterés, desmotivación, etc que non acontece en outras poboacións, onde se sinten orgullosos dos seus equipos e os apoian. Si a cidade non quere non hay proxecto que valga por moito que unhos poucos nos aferremos a idea de ter un equipo o máis alto posíbel.
Sobre o noso club, o "Cidade de Santiago", éu vésolle futuro no traballo co fútbol base, e máis no Castiñeiriño, que e dos barrios de maior crecemento poboacional. A curto plazo, asentar e millorar o que temos e a medio plazo consolidar un equipo nunha categoría que serva ao fútbol base como referencia. De principio xa partimos para a vindeira tempada con un equipo na Primeira Autonómica ( de ter que desfacernos do actual, o de 2ªDivisión B).
E.U.F_______socio peña Pepe Rico
_______________________________
1 comentario:
Eu creo que Santiago ten potencial de sobra para dous equipos en 2ªb, o que pasa es que o fútbol e como os negocios, non podes esperar sentado a que veñan os socios, hay que ir porta por porta, facer actos sociais...mil cousas, pero non hay capacidade nin vontade nin amor polo fútbol.
Publicar un comentario