sábado, 16 de mayo de 2009

HOMENAXE A PINAQUE.






Un dos xugadores máis determinantes do "Cidade B" no retorno a Primeira Autonómica foi Pinaque, de feito a sua ausencia por lesión nos últimos partidos de Liga, influiu de xeito directo a que o Campeón do grupo IV da Segunda Atonómica se decidira no derradeiro partido. Sin quitarlle méritos o resto do equipo que soupo aguantar a presión do Esclavitude adestrado por Petaca, a renda de puntos que semáns atrás distanciaban a ambos equipos esfumouse a raiz da lesión de Pinaque. Iste dato amosa a importancia de Pinaque no Cidade B a tempada que acaba de rematar sobre todo polo seu olfato de gol.
Pinaque mereceriase unha homenaxe por parte do club. Por todos os anos que leva defendendo as cores verdibrancas. Por ser o canteirán por excelencia.
Na foto de arriba vemolo agachado, de pé está Evaristo, na final da Copa do Sar contra o Flavia. Gañou o Atl. Fátima por [ 3 - 1 ] no ano 2005. Pinake daquela xugaba oficialmente co equipo xuvenil, fotos que corresponden as duas seguintes, as duas da abaixo corresponden a presnte campaña.
Xa na tempada 2004/05 despuntaba como xuvenil e xugou varios partidos co 1º equipo en Preferente, entre eles a referida final "Copa do Sar", encontro onde fixo un brilante papel.
__________________________________

No hay comentarios: