sábado, 9 de mayo de 2009

PEPE RICO: SEMPRE ESTARÁS PRESENTE.



Nos prolégomenos do partido que enfrenta mañan o "Cidade" co filial do Sporting, o capitán por excelencia do noso equipo despídese da afición. Pon fin de este xeito a catro anos de estancia no "Cidade de Santiago", equipo no que recala na tempada 2005/06 da man de Luisito cando iste último escomenza a sua traxectoria como adestrador. Viña Pepe dun Negreira que acababa de conquerir o ascenso a Segunda División B pero non lle importou baixar de escalafón e embarcarse nun equipo, o "Cidade", que daquela militaba na Rexional Preferente. Nesta decisión tivo moito que ver a amizade que o une con Luisito. No "Cidade" durante estes catro anos, excepto a sua primeira campaña, foi testigo activo de ascensos consecutivos ata consolidar o equipo na presente tempada na Segunda División B. Pola sua indiscutíbel profesionalidade e polos valores humáns que ten amosado ao longo destes catro anos, gañouse o cariño da afición do "Cidade" e dos seus propios compañeiros.
O "Cidade" deportivamente fíxose grande gracias a aportación dos xugadores que ao longo destes catro anos pasaron polo club, xunto os que se uniron este ano para reforzar o equipo no seu bautismo na Segunda División B. Pepe tivo un papel relevante en todo iste proceso debido a sua capacidade de liderazgo.
As lesións a Pepe nunca o respetaron e mesmo limitáronno en momentos puntuais no camiño de emprender profesionalizarse de pleno no fútbol nacional. Pepe non colga as botas, o fútbol e a sua gran paixón, ten pulmón para uns anos máis, pero a rodilla puñetera exíxelle baixar o ritmo. Aparte de que felices novas familiares vanno ter máis ocupado próximamente.
No "Cidade" vai deixar innumerábels amizades porque é unha persoa que se fai querer.
Pepe...unha aperta muy...muy... grande.
___________________________________

No hay comentarios: