sábado, 9 de mayo de 2009

LUISITO: REMATOU UN CICLO.




As duas fotos de abaixo corresponden a tempada 2004/05, tempada que o equipo ainda conservaba o bonito nome de Atlético Fátima. O equipo militaba en Rexional Preferente e nel acababa de recalar Luisito. Non chegou a rematar a tempada, nun partido contra o Atl.Ribeira sufría unha lesión que puña fin a unha dilatada andaina futbolística, quedaban atrás 26 anos de carreira como profesional.
A foto do medio corresponde a cea-homenaxe que se lle dedicou con motivo da sua retirada como futbolista.
E a foto de arriba tomena éu nos prolegómenos do partido disputado esta tempada en San Lázaro contra o Lugo e que ilustraba unha entrada que fixen no blog titulada: "Luisito e a soedade do adestrador de fondo".
Luisito anuncio esta semán que deixaba o club, que cumplira un ciclo no "Cidade", e que a nivel personal e no aspecto profesional necesitaba un cambio de aires. A min non me sorprendeu a noticia, paréceme de todo razonábel a sua decisión. Fixo no "Cidade"un traballo digno de todos os eloxios, dedicación pola cal todos os estamentos do club e a afición debémoslle estar agradecidos, e comprendo que queira seguir avanzando na sua traxectoria profesional.
Luisiño...votarémoche de menos.
_____________________________________

No hay comentarios: