jueves, 7 de mayo de 2009

"CIDADE DE SANTIAGO" vs "SPORTING B"


Este domingo, día 10, as 18.00 horas, no campo de San Lázaro o Cidade enfréntase o filial do Sporting, rematando con este encontro a tempada 2008/09.
Ven o Sporting B ca necesidade de puntuar para así intentar eludir o posto de promoción de descenso que comparte con outro filial, o do Rácing de Santander, que nesta derradeira xornada enfréntase o Rácing de Ferrol, equipo este último o cal soio lle vale a victoria e un tropezo do Zamora ante o Depor B para así poder entrar no play-off de ascenso .
Sporting B e Rácing B comparten os mesmos puntos:44, pero o gol average favorece o Rácing B. Tamén se podía dar o caso de que gañaran tanto o Rácing B como o Sporting B e perdera o Sestao frente o Celta B, neste caso promocionaría o descenso o Sestao, equipo que conta con 45 puntos.
Polo cal se nos presenta un partido interesante, o "Cidade" quere despedirse da sua afición con un triunfo e transmitir unha millor imaxe que nos últimos encontros xugados en San Lázaro, e diante vai ter un equipo que necesita puntuar.
No partido de ida lembremos que gañou o "Cidade "con un gol autoría de David Pérez.
_____________________________________

No hay comentarios: