
_______________________

________________________
_________________________________
A Asamblea extraordinaria do 9 de abril do 2005 marca un antes e un dispois na xoven historia do noso club. Nela o club Atl.Fátima convírtese en Sociedade Anónima Deportiva ca intención de crecer tanto no aspecto deportivo como no económico e deste xeito adecuarse o crecemento que en si estaba a experimentar o propio club. Nesta mesma Asamblea acordouse o cambio de nome seguindo consellos de profesionais en márketing.
Atlético Fátima era un nome que toda a xente de Santiago relacionaba co club do barrio do Castiñeiriño e por motivos de "marca" viuse convinte bautizar o novo proxecto como Ciudad de Santiago, ca intención de globalizar o club, e que todolos compostelanos se sintiran identificados co equipo.
Tratouse de un traballo de "márketing social" consistente en cambiar os valores da sociedade santiaguesa, modificar creencias ou valores arraigados nela: a identificación do equipo Atl.Fátima como club de barrio.
Sin embargo o que non acabo de comprender foi o novo nome escollido. A nova "marca": Sociedad Deportiva Ciudad de Santiago.
Calquer manual de márqueting aconsella empregar unha palabra con sonido agradável, que non presente grandes dificultades de pronunciación, fácil de recoñecer e recordar, e sobre todo a "marca" debe adaptarse o producto que alcanza, no caso que nos ocupa, o fútbol.
Ainda que se empregou a terminoloxía de SD(Sociedade Deportiva), éu personalmente non creo que fora a elección máis adecuada, por duas causas en principio por que é un termo longo que se antepón a un nome tamén longo:" Sociedade Deportiva Cidade de Santiago", e en segundo ordén porque SD xa o ven empregando historicamente o segundo equipo en importancia da ciudad nestes momentos.
"Ciudad de Santiago" é un nome longo, non rima. Que máis fácil sería por exemplo os seguintes nomes:
"Atlético Santiago", " Atlético Compostela", " Spórting Santiagués", "C.F Santiago", "Santiago F.C", "Rácing de Santiago", "Recreativo Santiagués", "C.D Santiago", "U.D Santiago".
Ademais o de "Ciudad" paréceme unha falla de respeto a Ley de normalización linguística.
Ainda que éu propoño recuperar o antigo nome de "Atlético Fátima", en vistas ao pouco éxito que tivo o cambio de denominación, que éu mesmo creo foi contraproducente.
__________________________________
No hay comentarios:
Publicar un comentario