sábado, 9 de mayo de 2009

DOMINGO DE TRISTES DESPEDIDAS.




Mañán será unha xornada especial ca despedida de Pepe Rico e de Luisito. Será unha tarde onde os que nos sentimos identificados cas cores verdibrancas e o proxecto nos seus tempos chamado Atlético Fátima viviremos con certa tristeza e amargura a marcha de dous grandes. Grandes en profesionalidade, grandes en humildade, en coherencia, en autoexixencia, en integridade. No club verdibranco serán lembrados como os protagonistas dos anos máis brilantes da curta historia deste club. Duas persoas que se fan querer pola sua cercanía. Deportistas que seguen a ver o fútbol como un deporte e non como un negocio especulativo.
A ámbolodous moita sorte na vida e nos novos destinos.
___________________________________

No hay comentarios: