
A asociación de futbolistas españois(A.F.E), o sindicato dos futbolistas, aprobou onte luns, a creación de unha comisión formada por xugadores de Segunda B, para transladar a Federación Española de Fútbol, unha serie de propostas que solucionen a "posibel deuda récord" nesta categoría.
O presidente da A.F.E, Gerardo González Movilla, anunciou o acordo unánime o que se chegou onte na Asamblea Xeral deste organismo para formar unha comisión integrada por tres xugadores de cada un dos catro grupos que conforman a Segunda División B co fin de solventar o "problema gravisimo"da deuda que"este ano pode alcanzar unha cifra récord".
"O ano pasado de 80 clubs de Segunda B denunciaron 50 e creo que iste ano van a ser máis. A.F.E tramitou o ano pasado denuncias por valor de 47 millóms de euros en todas as categorías. Espero que, ante esta voz dos xugadores que non cobran salarios de Segunda B teñan sensibilidade", afirmou tras lembrar que esta categoría conta en total con un fondo de garantía salarial de 300.000 euros.
Movilla que siñalou que se "fan esforzos para que non haxa riscos en 1ª e en 2ª División" e cuestionou o uso que fan os clubes da Ley Concursal, lembrou que hay xugadores na Segunda B que levan cinco e sete meses sen cobrar.
Pese a que a Memoria A.F.E 2008 reflexa que a R.F.E.F adeuda o Sindicato 6,7 millóns de euros por impago dos últimos partidos celebrados a beneficio do Sindicato, Movilla confía que a "a mensaxe conciliadora"lanzada polos xugadores teña boa acollida".
"O ano pasado ca Liga conquerimos un convenio e esperamos que éste se traduza tamén ca Federación. A R.F.E.F no seu momento decidiu asumir a Segunda B, as suas competencias e as suas responsabilidades. Un dos principios que che da autoridade para exixir competencias e cumplir cas tuas obrigas", añadiu.
Movilla que descartou a posibilidade de que se incumpla a norma do descenso por impago no caso de que foran moitos os clubes afectados, xa que eso sería "inaceptábel", amosou a sua satisfación pola unanimidade na Asamblea, a que asistiron entre outros Raul González(Real Madrid) e Rubén Baraja(Valencia).
"Hoxe aprobamos a creación de unha comisión de 12 membros para negociar. Primera, Segunda, y Segunda B vae todo unido e a Asamblea apoiu a Segunda B."
_______________________
noticia trascrita do diario AS.
____________________________________
No hay comentarios:
Publicar un comentario