sábado, 23 de mayo de 2009

GRACIAS SOLRAK



Gracias polos teus comentarios tanto na web oficial do club, onde gañas por goleada en nºde envios, como os realizados a iste propio blog. Ao longo da tempada que acaba de rematar te destinguiches por transmitirnos ideas innovadoras, críticas constructivas, consellos...,en definitiva aportaches espiritu participativo que era do que se trataba, dinamismo e ar fresco sobre todo a web oficial do club.

Participas con frecuencia en outros foros ("El Correo Gallego"), defendendo ao noso equipo e pondo en evidencia con argumentos serios e coherentes a xente que ataca ao noso club(Loliño&Family).Que paciencia tes ! ...con eles.

Unha aperta.

_________________________________

viernes, 22 de mayo de 2009

ROBERTO VALDÉS ¿ACOMPAÑARÁ A LUISITO?

Roberto Valdés, preparador físico do "Cidade" e persoa que leva anos comprometido co club, mesmo nos tempos en que Luisito era xugador, manifestaba semáns atrás nunha entrevista concedida a un xornal galego, que se sentía muy unido profesionalmente a Luisito e que ista relación era mutua. Que existía moita sintonía e compenetración entre ámbolosdous. Abreviando, que formaban un bo tanden para traballar profesionalmente no mundo do fútbol como parella: adestrador-preparador físico.
Polo cal no novo proxecto no que se embarque Luisito é de imaxinar que reclame a presenza de Roberto Valdés.
_______________________________

miércoles, 20 de mayo de 2009

"CIDADE DE SANTIAGO" vs "ATLÉTICO FÁTIMA"


_______________________








________________________



_________________________________


A Asamblea extraordinaria do 9 de abril do 2005 marca un antes e un dispois na xoven historia do noso club. Nela o club Atl.Fátima convírtese en Sociedade Anónima Deportiva ca intención de crecer tanto no aspecto deportivo como no económico e deste xeito adecuarse o crecemento que en si estaba a experimentar o propio club. Nesta mesma Asamblea acordouse o cambio de nome seguindo consellos de profesionais en márketing.
Atlético Fátima era un nome que toda a xente de Santiago relacionaba co club do barrio do Castiñeiriño e por motivos de "marca" viuse convinte bautizar o novo proxecto como Ciudad de Santiago, ca intención de globalizar o club, e que todolos compostelanos se sintiran identificados co equipo.
Tratouse de un traballo de "márketing social" consistente en cambiar os valores da sociedade santiaguesa, modificar creencias ou valores arraigados nela: a identificación do equipo Atl.Fátima como club de barrio.
Sin embargo o que non acabo de comprender foi o novo nome escollido. A nova "marca": Sociedad Deportiva Ciudad de Santiago.
Calquer manual de márqueting aconsella empregar unha palabra con sonido agradável, que non presente grandes dificultades de pronunciación, fácil de recoñecer e recordar, e sobre todo a "marca" debe adaptarse o producto que alcanza, no caso que nos ocupa, o fútbol.
Ainda que se empregou a terminoloxía de SD(Sociedade Deportiva), éu personalmente non creo que fora a elección máis adecuada, por duas causas en principio por que é un termo longo que se antepón a un nome tamén longo:" Sociedade Deportiva Cidade de Santiago", e en segundo ordén porque SD xa o ven empregando historicamente o segundo equipo en importancia da ciudad nestes momentos.
"Ciudad de Santiago" é un nome longo, non rima. Que máis fácil sería por exemplo os seguintes nomes:
"Atlético Santiago", " Atlético Compostela", " Spórting Santiagués", "C.F Santiago", "Santiago F.C", "Rácing de Santiago", "Recreativo Santiagués", "C.D Santiago", "U.D Santiago".
Ademais o de "Ciudad" paréceme unha falla de respeto a Ley de normalización linguística.
Ainda que éu propoño recuperar o antigo nome de "Atlético Fátima", en vistas ao pouco éxito que tivo o cambio de denominación, que éu mesmo creo foi contraproducente.
__________________________________

martes, 19 de mayo de 2009

ACORDO DA A.F.E SOBRE A DEUDA DOS CLUBS DE 2ªB.


A asociación de futbolistas españois(A.F.E), o sindicato dos futbolistas, aprobou onte luns, a creación de unha comisión formada por xugadores de Segunda B, para transladar a Federación Española de Fútbol, unha serie de propostas que solucionen a "posibel deuda récord" nesta categoría.
O presidente da A.F.E, Gerardo González Movilla, anunciou o acordo unánime o que se chegou onte na Asamblea Xeral deste organismo para formar unha comisión integrada por tres xugadores de cada un dos catro grupos que conforman a Segunda División B co fin de solventar o "problema gravisimo"da deuda que"este ano pode alcanzar unha cifra récord".
"O ano pasado de 80 clubs de Segunda B denunciaron 50 e creo que iste ano van a ser máis. A.F.E tramitou o ano pasado denuncias por valor de 47 millóms de euros en todas as categorías. Espero que, ante esta voz dos xugadores que non cobran salarios de Segunda B teñan sensibilidade", afirmou tras lembrar que esta categoría conta en total con un fondo de garantía salarial de 300.000 euros.
Movilla que siñalou que se "fan esforzos para que non haxa riscos en 1ª e en 2ª División" e cuestionou o uso que fan os clubes da Ley Concursal, lembrou que hay xugadores na Segunda B que levan cinco e sete meses sen cobrar.
Pese a que a Memoria A.F.E 2008 reflexa que a R.F.E.F adeuda o Sindicato 6,7 millóns de euros por impago dos últimos partidos celebrados a beneficio do Sindicato, Movilla confía que a "a mensaxe conciliadora"lanzada polos xugadores teña boa acollida".
"O ano pasado ca Liga conquerimos un convenio e esperamos que éste se traduza tamén ca Federación. A R.F.E.F no seu momento decidiu asumir a Segunda B, as suas competencias e as suas responsabilidades. Un dos principios que che da autoridade para exixir competencias e cumplir cas tuas obrigas", añadiu.
Movilla que descartou a posibilidade de que se incumpla a norma do descenso por impago no caso de que foran moitos os clubes afectados, xa que eso sería "inaceptábel", amosou a sua satisfación pola unanimidade na Asamblea, a que asistiron entre outros Raul González(Real Madrid) e Rubén Baraja(Valencia).
"Hoxe aprobamos a creación de unha comisión de 12 membros para negociar. Primera, Segunda, y Segunda B vae todo unido e a Asamblea apoiu a Segunda B."
_______________________
noticia trascrita do diario AS.
____________________________________

lunes, 18 de mayo de 2009

TRIBUNA ABERTA: O FUTURO DO CLUB.


Unha vez finalizado o Campeonato de Liga na Segunda División B, e a espera de que rematen as diferentes Liguillas nas que participan varios dos equipos base que conforman o "Cidade de Santiago", imaxino que se convocará unha Xunta extraordinaria de accionistas co fin de solventar a provisionalidade imperativa do actual Consello de Administración ao tempo que se tratará sobre o futuro do 1º equipo. Personalmente non poseo ningunha información acerca de unha hipotética viabilidade do proxecto. Non sen si nos últimos meses o Consello de Administración do club tratou de atopar algunha solución(financiación, patrocinios, etc)cara seguir competindo a vindeira tempada(imaxino que si pero témome que con resultados estériles), ou mesmo si xurdiu alguén interesado en tomar as rendas do club; ou si pola contra os accionistas maioritarios desta Sociedade Anónima Deportiva ante a falla de apoios vanse ver forzados a vender as accións da Sociedade co fin de poder saldar as deudas contraidas.
Por outra banda nas tertulias deportivas na radio e mesmo en declaracións a prensa escrita algún dirixente do "Cidade" e persoas alleas o club manifestaban que o futuro do fútbol santiagués pasa pola unidade, que por exemplo non tería sentido nunha cidade como Santiago ter dous equipos competindo en Segunda División B, no hipotético caso de que a SD Compostela ascendera de categoría. Non teño constancia dos pasos a seguir para chegar a tal fin, e sospeito que quen formule tal proposición teña claro o camiño para chegar a tal converxencia
O problema co fútbol en Santiago é que tanto a poboación como o empresariado nunca mantiveron un compromiso constante con ningún equipo da cidade que deportivamente conquerira xugar en categorias nacionais do fútbol español. Hay unha especie de divorcio, desinterés, desmotivación, etc que non acontece en outras poboacións, onde se sinten orgullosos dos seus equipos e os apoian. Si a cidade non quere non hay proxecto que valga por moito que unhos poucos nos aferremos a idea de ter un equipo o máis alto posíbel.
Sobre o noso club, o "Cidade de Santiago", éu vésolle futuro no traballo co fútbol base, e máis no Castiñeiriño, que e dos barrios de maior crecemento poboacional. A curto plazo, asentar e millorar o que temos e a medio plazo consolidar un equipo nunha categoría que serva ao fútbol base como referencia. De principio xa partimos para a vindeira tempada con un equipo na Primeira Autonómica ( de ter que desfacernos do actual, o de 2ªDivisión B).
E.U.F_______socio peña Pepe Rico
_______________________________

A TODOS OS BARCELONISTAS...





A todos os aficionados culés darlles a enhoraboa pola excepcional campaña que está a facer o equipo catalán. De momento xa conqueriron o Campeonato de Liga 2008/09 e a Copa do Rey da mesma tempada(doblete), e ten opcións a ser Campeón de Europa xa que é finalista xunto co Manchester United da Champions. Polo cal tempada histórica ésta, onde se batiron moitos records a que estamos a vivir todos os siareiros blaugranas. Fútbol fresco, rápido, combinativo, comprometido co expectaculo. Club que ano tras ano aposta máis pola canteira.
O tercer reto gañar a Copa de Europa, sería un soño feito realidade para Pep Guardiola, 1ª tempada como adestrador na que sempre foi a sua casa.
__________________________________

sábado, 16 de mayo de 2009

HOMENAXE A PINAQUE.






Un dos xugadores máis determinantes do "Cidade B" no retorno a Primeira Autonómica foi Pinaque, de feito a sua ausencia por lesión nos últimos partidos de Liga, influiu de xeito directo a que o Campeón do grupo IV da Segunda Atonómica se decidira no derradeiro partido. Sin quitarlle méritos o resto do equipo que soupo aguantar a presión do Esclavitude adestrado por Petaca, a renda de puntos que semáns atrás distanciaban a ambos equipos esfumouse a raiz da lesión de Pinaque. Iste dato amosa a importancia de Pinaque no Cidade B a tempada que acaba de rematar sobre todo polo seu olfato de gol.
Pinaque mereceriase unha homenaxe por parte do club. Por todos os anos que leva defendendo as cores verdibrancas. Por ser o canteirán por excelencia.
Na foto de arriba vemolo agachado, de pé está Evaristo, na final da Copa do Sar contra o Flavia. Gañou o Atl. Fátima por [ 3 - 1 ] no ano 2005. Pinake daquela xugaba oficialmente co equipo xuvenil, fotos que corresponden as duas seguintes, as duas da abaixo corresponden a presnte campaña.
Xa na tempada 2004/05 despuntaba como xuvenil e xugou varios partidos co 1º equipo en Preferente, entre eles a referida final "Copa do Sar", encontro onde fixo un brilante papel.
__________________________________

viernes, 15 de mayo de 2009

OS XUGADORES CON MÁIS TITULARIDADES.


xugador------------titularidades--------minutos
____________________________________

MACKAY____________35_____3.082 mint.

CAPI_______________31_____2.766 mint.

J.SÁNCHEZ__________34_____2.898 mint.

J.TORRES___________32_____2.673 mint.

P.LOPEZ____________23_____2.076 mint.

IOSU RIVAS_________22_____1.797 mint.

DOPICO____________25_____2.367 mint.

R.GARCÍA__________16______1.383 mint.

JULEN_____________26_____2.498 mint.

RAFA______________30_____2.339 mint.

GONZALO__________19______1.822 mint.

M.SUÁREZ__________32_____2.602 mint.

MAIKEL____________23_____2.270 mint.

____________________________________

Entendo por titular o xugador que entra na aliniación inicial do equipo o escomenzo do encontro.

Incluio a Raul García porque a pesares de chegar ao equipo a escomenzos da 2ª volta, foi titular en todos os partidos, excepto contra o Guijuelo.

A Mackay, contabilízolle como titular o encontro contra o Marino no que foi expulsado no minuto 22.

A Jesús Sánchez tamén lle considero titular a pesares de soio poder xugar 11 minutos por sufrir unha lesión no partido ante o Zamora.

_____________________________________

martes, 12 de mayo de 2009

ACTUALIZACIÓNS DOS MINUTOS XUGADOS POLA PLANTILLA E OS GOLES.




Co remate da tempada tedes actualizado tanto os autores dos goles do "Cidade"como os encontros onde foron conqueridos.

Por outra banda tamén queda actualizado os minutos que xugaron cada xugador no Campeonato de Liga.

Soio tedes que ir a entrada do venres 8 de maio:"Minutos xugados pola plantilla", e a do mércores, 29 de abril: "Goles".

____________________________________

lunes, 11 de mayo de 2009

CHUVIA....DE GOLES.




O "Cidade" despediuse da tempada cun partido onde se produxo o resultado máis abultado [ 4 - 4 ] de todo o seu particular calendario Ligueiro.
Xa saboreáramos o placer de endousarlle catro dianas a un equipo, o Pontevedra, pero soio dous equipos vascos e filiais o Bilbao Athl [ 3- 2 ] e a Real Sociedad B [ 1 - 3 ] acercáranse a os catro goles que encaixamos onte.
Cos dous goles de Maikel onte, sobrepasa a cifra de dez, é situase como pichihi destacado do "Cidade"con 11 dianas. Hay páxinas web que lle otorgan 12 tantos. Pode ser debido o mal entendido que se produxera no partido de ida contra o Sestao [1 - 2] onde nun principio atribuirónselle os 2 goles do "Cidade" a Maikel, sendo autoría de un deles Jesús Sánchez( e mesmo así pode estar reflexado na acta arbitral). Curiosamente situan a Jesús con 3 dianas ao longo do Campeonato cando en realidade contabilizou 4 goles.
O non haber xugado Mackay onte, conserva o mesmo promedio que fai duas semáns de 1.05 goles encaixados por partido. Xugou 34 encontros e encaixou 36 goles o que o convirte no sexto millor promedio do grupo I(para máis información remítovos a entrada do día 30 de abril).
-Comentar que no sorteo de hoxe pola tarde o equipo de Abelardo( na foto de abaixo) quedou emparellado co Las Palmas Atl na promoción por eludir o descenso.
_____________________________________

ATA O DÍA QUE QUEIRAS VOLTAR...¡ CAMPEÓN !



Onte para min onte foi un dos días máis tristes do ano. Porque se despidían do club dous profesionais os que aprecio moito e non poiden estar en San Lázaro esa tan tarde tan especial por motivos personais que me impidiron acudir a esa cita para min tan entrañable.
Espero porme en contacto con vos os vindeiros días.
______________________________________

sábado, 9 de mayo de 2009

LUISITO: REMATOU UN CICLO.




As duas fotos de abaixo corresponden a tempada 2004/05, tempada que o equipo ainda conservaba o bonito nome de Atlético Fátima. O equipo militaba en Rexional Preferente e nel acababa de recalar Luisito. Non chegou a rematar a tempada, nun partido contra o Atl.Ribeira sufría unha lesión que puña fin a unha dilatada andaina futbolística, quedaban atrás 26 anos de carreira como profesional.
A foto do medio corresponde a cea-homenaxe que se lle dedicou con motivo da sua retirada como futbolista.
E a foto de arriba tomena éu nos prolegómenos do partido disputado esta tempada en San Lázaro contra o Lugo e que ilustraba unha entrada que fixen no blog titulada: "Luisito e a soedade do adestrador de fondo".
Luisito anuncio esta semán que deixaba o club, que cumplira un ciclo no "Cidade", e que a nivel personal e no aspecto profesional necesitaba un cambio de aires. A min non me sorprendeu a noticia, paréceme de todo razonábel a sua decisión. Fixo no "Cidade"un traballo digno de todos os eloxios, dedicación pola cal todos os estamentos do club e a afición debémoslle estar agradecidos, e comprendo que queira seguir avanzando na sua traxectoria profesional.
Luisiño...votarémoche de menos.
_____________________________________

PEPE RICO: SEMPRE ESTARÁS PRESENTE.



Nos prolégomenos do partido que enfrenta mañan o "Cidade" co filial do Sporting, o capitán por excelencia do noso equipo despídese da afición. Pon fin de este xeito a catro anos de estancia no "Cidade de Santiago", equipo no que recala na tempada 2005/06 da man de Luisito cando iste último escomenza a sua traxectoria como adestrador. Viña Pepe dun Negreira que acababa de conquerir o ascenso a Segunda División B pero non lle importou baixar de escalafón e embarcarse nun equipo, o "Cidade", que daquela militaba na Rexional Preferente. Nesta decisión tivo moito que ver a amizade que o une con Luisito. No "Cidade" durante estes catro anos, excepto a sua primeira campaña, foi testigo activo de ascensos consecutivos ata consolidar o equipo na presente tempada na Segunda División B. Pola sua indiscutíbel profesionalidade e polos valores humáns que ten amosado ao longo destes catro anos, gañouse o cariño da afición do "Cidade" e dos seus propios compañeiros.
O "Cidade" deportivamente fíxose grande gracias a aportación dos xugadores que ao longo destes catro anos pasaron polo club, xunto os que se uniron este ano para reforzar o equipo no seu bautismo na Segunda División B. Pepe tivo un papel relevante en todo iste proceso debido a sua capacidade de liderazgo.
As lesións a Pepe nunca o respetaron e mesmo limitáronno en momentos puntuais no camiño de emprender profesionalizarse de pleno no fútbol nacional. Pepe non colga as botas, o fútbol e a sua gran paixón, ten pulmón para uns anos máis, pero a rodilla puñetera exíxelle baixar o ritmo. Aparte de que felices novas familiares vanno ter máis ocupado próximamente.
No "Cidade" vai deixar innumerábels amizades porque é unha persoa que se fai querer.
Pepe...unha aperta muy...muy... grande.
___________________________________

DOMINGO DE TRISTES DESPEDIDAS.




Mañán será unha xornada especial ca despedida de Pepe Rico e de Luisito. Será unha tarde onde os que nos sentimos identificados cas cores verdibrancas e o proxecto nos seus tempos chamado Atlético Fátima viviremos con certa tristeza e amargura a marcha de dous grandes. Grandes en profesionalidade, grandes en humildade, en coherencia, en autoexixencia, en integridade. No club verdibranco serán lembrados como os protagonistas dos anos máis brilantes da curta historia deste club. Duas persoas que se fan querer pola sua cercanía. Deportistas que seguen a ver o fútbol como un deporte e non como un negocio especulativo.
A ámbolodous moita sorte na vida e nos novos destinos.
___________________________________

RESPOSTA A UN COMENTARIO

Sobre os reportaxes de despedida a Luisito e a Pepe tes toda a razón, debín publicalos no blog cando se deu a coñecer a noticia. Por motivos da enfermidade dun familiar directo, teño o blog un pouco descuidado, si te fixas o mes pasado baixaron as entradas que fago o blog considerabelmente, e mesmo éu non poiden presenciar os últimos encontros do "Cidade" en San Lázaro. Ainda así istes días fixera un borrador para ser publicado hoxe.
Sobre a continuidade da peña a tempada que ven, é a miña intención convocar unha reunión no mes de septembro co fin de formalizala legalmente, aspecto que iste ano non se conqueriu, independentemente si o primer equipo desaparece e nos quedemos co equipo recén ascendido a Primeira Autonómica como equipo de referencia.
Si o proxecto da peña no mes de septembro non logra sair adiante, éu personalmente penso seguir co blog e intentarei de outo xeito fomentar a afición polos cores verdibrancos. Hay que lembrar que iste club non soio é o equipo que militou este ano na Segunda División B.
Unha aperta e gracias polo teu comentario.
______________________________________

viernes, 8 de mayo de 2009

MINUTOS XUGADOS POLA PLANTILLA.



A continuación indícovos os minutos de competición oficial de Liga que levan contabilizado na presente tempada os xugadores do Cidade:

---------------------------- 1ª volta ----------------2ªvolta

  • MACKAY: 1.710_______1.372
  • DANI CASTRO: 0______248
  • DAMIAN: 0__________90
  • CAPI: 1.236___________1.530
  • JESÚS TORRES: 1.583____1.090
  • IOSU RIVAS: 681________1.116
  • JESÚS SANCHEZ: 1.644____1.254
  • DOPICO: 1.359__________1.008
  • PABLO LÓPEZ: 984_______1.092
  • DAVID PÉREZ: 475_______597
  • TACHI: 162
  • RAUL GARCÍA: 0________1.383
  • PEPE RICO: 594_________906
  • FRANQUEIRA: 668_______642
  • JULEN: 1.315___________1.183
  • RAFA: 1.261____________1.078
  • GONZALO: 1.345________477
  • LUIGI: 598____________77
  • JOSITO: 375___________
  • CHANGUI: 606_________483
  • MARCOS SUÁREZ: 1.150___1.452
  • MAIKEL: 919___________1.351
  • ZABALA: 88____________274
  • JAVI LÓPEZ: 0__________54

Non se contabilizou o tempo que engadio o árbitro a cada periodo de tempo.

Raul García incorporouse a plantilla do "Cidade" escomenzada a 2ª volta ao tempo que abandonaban o club Luigi e Josito.

___________________________________

jueves, 7 de mayo de 2009

INFORMACIÓN SOBRE O FILIAL DO SPORTING



No seguinte enderezo tedes información sobre a plantilla de xugadores que compoñen o equipo:

No enlace de abaixo atoparedes novas relativas o equipo:
Sobre os encontros disputados polo Sporting B e os resultados durante a presente tempada remítovos o enderezo seguinte:
As fotos corresponden o partido de ida.
___________________________________

"CIDADE DE SANTIAGO" vs "SPORTING B"


Este domingo, día 10, as 18.00 horas, no campo de San Lázaro o Cidade enfréntase o filial do Sporting, rematando con este encontro a tempada 2008/09.
Ven o Sporting B ca necesidade de puntuar para así intentar eludir o posto de promoción de descenso que comparte con outro filial, o do Rácing de Santander, que nesta derradeira xornada enfréntase o Rácing de Ferrol, equipo este último o cal soio lle vale a victoria e un tropezo do Zamora ante o Depor B para así poder entrar no play-off de ascenso .
Sporting B e Rácing B comparten os mesmos puntos:44, pero o gol average favorece o Rácing B. Tamén se podía dar o caso de que gañaran tanto o Rácing B como o Sporting B e perdera o Sestao frente o Celta B, neste caso promocionaría o descenso o Sestao, equipo que conta con 45 puntos.
Polo cal se nos presenta un partido interesante, o "Cidade" quere despedirse da sua afición con un triunfo e transmitir unha millor imaxe que nos últimos encontros xugados en San Lázaro, e diante vai ter un equipo que necesita puntuar.
No partido de ida lembremos que gañou o "Cidade "con un gol autoría de David Pérez.
_____________________________________

lunes, 4 de mayo de 2009

DERROTA NO SARDINERO.

O Cidade non tivo o acerto no segundo tempo de levantar un partido o cal chegara o descanso perdendo pola mínima. Con un primer tempo de dominio cántabro ante un Cidade descolocado, as verbas e os cambios realizados por Luisito no descanso, dan paso a unha 2ªparte onde o Cidade toma o control e é poseedor de varias ocasións de gol.
Foi titular na portería do Cidade Dani Castro, realizando un partido destacábel ante o seu ex equipo.
Ven sendo habitual ao longo da tempada que o equipo tarde en entrar nos partidos, que actitude e a lectura do encontro chegue nas segundas partes.
____________________________

sábado, 2 de mayo de 2009

MÁIS QUE UN ASCENSO...

O retorno a Primeira Atonómica( que non rexional, este termo deberiase deixar de empregar) por parte do Cidade B énchenos de orgullo: o traballo co fútbol base ten os seus frutos, a canteira do Fátima segue estando presente. E hay adestradores en todalas categorias que están a facer un bó traballo. Sin ir máis lonxe hay que recoñecer a Levi a gran aportación que fixo para que iste retorno do Cidade B non se demorara máis dunha tempada.
O club necesitaba ter para o ano próximo un equipo situado nunha categoría con máis cache que na que estábamos.
A oito días para que remate o periplo do 1ª equipo pola Segunda División B, co retorno do Cidade B a Primeira Autonómica, pensando no futuro do club, podiase escomenzar a debatir en base a experiencias recientes que modelo de club se pretende conquerir cara un futuro próximo.
____________________________________

O CIDADE B RETORNA A 1ª AUTONÓMICA.



Enhoraboa !!!. .
__________________________