lunes, 3 de noviembre de 2008

SOLIDARIDAD E SUFRIMENTO COMPARTIDO


Cando deberiamos estar despreocupados, orgullosos, de como o noso club é equipo revelación xa ca andadura de once xornadas, no grupo 1 da 2ªB, e lembrándonos que ainda na campaña 2006-2007 andábamos polos campos da rexional preferente.......o ambente creado en torno a situación ecónomica do club, trasmite preocupación e tristeza na afición do "Cidade".
A peña Pepe Rico, solidarízase cos xugadores, equipo técnico, e demais empregados do club, afectados muy directamente pola falta de liquidez.
E.U.F. socio.366. e promotor da peña Pepe Rico, expresando unha opinión persoal, considero que dende o consello de administración actual, co Dr. José Suárez Álen, como presidente, se están a facer as xestións oportunas para levar a bo término un futuro económico viabel para o "Cidade", e espero, polo ben do club, que fructifiquen o antes posibel.
Nos, os da peña Pepe Rico, iste domingo en San Lázaro, no partido contra a Real Sociedad B , propoño, que dende que salga o equipo o campo ata que escomenze o encontro, permañecer de pé, aplaudindo a plantilla e o equipo técnico, e nos durante a semán estar atentos a prensa , o blog da peña e a web do "Cidade". A ver si xurden boas novas.
Ista situación de incertidumbre (ista verba non sen como se dí en galego)¡¡¡ INCERTIDUMBRE !!!..., esperamos que remate axiña.
Non estamos a xugar con diñeiro, ilusións, sentimentos, historia deportiva.... estamos a xugar o fútbol.......ou eso se pretendía.






1 comentario:

Anónimo dijo...

PARECEME XENIAL ESTA INICIATIVA!!! ALI ESTAREI!!