lunes, 10 de noviembre de 2008

ONTE PERDEUSE...PERO SEGUIMOS AHÍ..




Onte ante a Real Sociedad B, perdéuse o encontro, ainda así , o equipo segue ben posicionado na taboa clasificatoria, de sexto, a un soio punto dos plays-off de ascenso. Polo cal, que non cunda o desánimo. E maís tendo en conta que o obxetivo que se ten marcado este equipo recén ascedido a 2ª B, dispois de dous ascensos consecutivos, é unha permanencia digna nesta recén estreada categoría; ten moito mérito estar a un punto da promoción transcurridas xa 12 xornadas.
Onte a tarde era desapacible, e ainda así, non faltamos os incondicionales e algunha cara nova, resultado da campaña do día do socio. Esto é bo sintoma, porque tal como estaba o día a maís de un podía tentarlle quedarse comodamente estirado no sofa da casa, nembargantes non fallamos a cita en San Lazaro, para presenciar o encontro.
Sporting B, Celta B
R,Racing B, Deportivo B

Os anteriores son os filiales que ainda nos quedan por disputar, istes pequenos cachorros que se nos atragantan. Pero tranquilos que ca experiencia conquerida nos encontros xugados cos anteriors "BES" temos a lección ven aprendida, e Luisito e o equipo saberán como afrontar millor ises encontros que sempre se tornan en imprevisibels.
Para o noso consuelo dicer, que o adestrador do Sanse, Imanol Idiakez, declarou que xunto ca Cultural Leonesa, o Cidade, foron os dous millores equipos cos que se enfrentou. E iso a pesar de que nos onte fixemos un partido en sintonía co cor da metereoloxía que facía
O próximo partido dispútase en terras salmantinas, en Guijuelo, a ver si xan as cousas ben e recuperamos o que perdimos onte.
O Guijuelo non e filial de naide...eso si...que se abriguen os xugadores que alí fai un frio seco de carallo.
De perder ou empatar, que tampouco pasaría nada , que aproveiten a viaxe, que traigan embutidos ibéricos, os de alí teñen moita fama.

No hay comentarios: