
O defensa central Manuel Borja Calvar " CAPI", foi o autor do solitario gol do " Cidade", no encontro disputado ante o filial da Real Sociedad o domingo pasado.
Con iste gol xa son dous os que se apunta este defensa central natural de Vigo, que con 27 anos xa leva unha longa traxectoría no mundillo futbolístico : Celta B, Ponte Ourense, Ourense, Zaragoza B, Zaragoza, Murcia, Las Palmas; e que iste ano retorna a terras galegas.
Capi, xa marcara no partido contra o Lemona, aquel gol, valeu tres puntos. Pero o gol do domingo pasado, significou o empate, e unha posibel remontada, que ao final non aconteceu. Os seus goles son importantes.
E ademais convírtese xunto con Maikel, Changui e Jesús Sanchez nos máximos goleadores do equipo : dous cada un deles.
1 comentario:
unha pena que non poida xogar nin maikel nin capi esta semana...
Publicar un comentario