Polo que escoitein na retransmisión por "radio Guijuelo", o Cidade hoxe fixo un bo partido, tivo ocasións, sobre todo na 1ª parte, e no comenzo da 2ª. Ca expulsión de Dopico no minuto 65, o equipo resintiuse, ainda así, gozou de algunha ocasión para marcar.
Os 30 primeiros minutos do partido foron de claro dominio do "Cidade", con duas claras ocasións de gol por parte de Marcos Suarez, no minuto 6 e no 11 . A 1ª como consecuencia, dun saque de esquina, cabecea Marcos o lateral da rede, e a 2ª mediante unha asistencia de Luigi.
Josito, Gonzalo e Julen son os donos do centro do campo durante ista 1ª media hora.
Sen embargo no minuto 32 , o pichichi, do grupo 1 da 2ªB, Ballesteros, pa nosa desgracia, embólsase o seu gol número 10 na sua conta particular, e 2 minutos maís tarde o arbitro pita un penalti, protestado polos xugadores do "Cidade", cando Ballesteros se iba xa soio co balón e Tachi parece ser que lle entra en falta; o árbitro según o reglamento terialle que amosarlle tarxeta roxa directa a Tachi, cousa que non fai, amosalle unha amarela ( ? ), -o millor non tiña tan claro o do penalti. Dito penalti encargouse de executalo Chuchi; e suporía o 2-o resultado co que remataría o partido.
No escomenzo da 2ª parte o equipo sae dominando, pero unha vez que se queda con 10 xugadores é o Guijuelo quen toma as rendas do partido. Nos últimos minutos ainda así o "Cidade" dispuso de algunha ocasión.
A tarde era fria: 7 grados, o campo como xa sabedes era y é pequeno, e de herba artificial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario