Onte en San Lázaro asistimos a un bó xogo do noso equipo.
Sin quitarlle meritos a Deportiva, o "Cidade", tivo o control do encontro, e a maioría das ocasións corresponderon o equipo da casa.
A pesar delo... saimos derrotados. E precisamente estas son as derrotas máis amargas. Cando xogas ben, e te ves perxudicado por decisións extradeportivas (arbitrais ).
Somos un dos 4º millores equipos da 2ªB.
Polo xogo que practica o equipo, pola profesionalidade dos xugadores, e porque non houbo equipo, excepto o Sanse e o Zamora, que amosaran ser superiores a nos. As decisións arbitrais (penaltis??¡¡), nestas duas últimas xornadas están sendo decisivas nos encontros que disputou o "Cidade".
No momento en que inxustamente se pita éste na nosa contra, -a inxusticia do penalti, marca o encontro, e se lle engadimos o anterior todolos erros, a-posteriori (penaltis ao noso favor "xustos", non pitados...), o partido remata condicionado polas decisións do árbitro; polo cal o señor, o cal a sua labor era a de arbitrar, "moderar" o encontro, convírtese nunha persoa determinante no resultado final do mesmo; e nos, a afición comenzamos a duvidar dos seus posibels defectos de visión, de percepción...etc...
¿ Como o árbitro de onte poido pasar o psicotécnico?
Algúns dos árbitros que nesta primeiriza campaña do noso equipo na 2ªB se están a pasear por San Lázaro, amosan defectos propios dun aficionado.
Si fai tres anos estábamos na rexional preferente e agora en 2ªB, foi para competir en categoría nacional, e con arbitraxes profesionais.
E o dos arbitraxes profesionais ainda non o conquerimos a pesar de haber ascendido.
Para un equipo ven formado e extructurado como é o "Cidade", as malas rachas no fútbol teñen o seu fin. Éu sigo considerando o "Cidade", polo seu xogo, o equipo revelación deste grupo 1 da 2ªB.
A pesar das baixas, temos un conxunto de xugadores polivalentes, que poden sair de titulares en calquer aliniación dende o principio, e resolver as carencias dun xeito máis que notabel, como veñen amosando nestes dous últimos partidos.
E o próximo partido, en Vigo, contra o filial do Celta. Alí teremos que acompañar ao equipo.
Entre todos hay que rematar con ista mala racha, e ca maldicións dos filiais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario