miércoles, 2 de septiembre de 2009

[ falta directa ] INDICIOS DE NORMALIDADE

Ca elección do adestrador Isidro Flausino o "Cidade de Santiago" vai adquirindo a normalidade propia de un equipo que está competindo en 3ª División. Lembremos que non fai ainda unha semán os socios e simpatizantes deste club descoñeciamos os nomes dos xugadores, director deportivo...e calquer outro dato que nos levara a pensar si realmente o equipo saldría ou non a competir. A incerteza non se despexou ata a data límite para presentar as fichas dos xugadores.
Pasados apenas cinco días xa coñecemos os nomes dos xugadores, quen é o director deportivo que confeccionou a plantilla e o adestrador que dirixirá o equipo.
Queda atrás todo un verán cheo de despropósitos: aparte do descenso administrativo; cruze de acusacións entre ex-xugadores e o novo Presidente, acusacións entre ex-directivos e Javier Villalba, rectificacións posteriores, rumores, etc. Todos istes acontecementos tiveron amplia difusión nos medios de comunicación e a imaxen do club quedou muy deteriorada.
A millor forma de recuperar o prestixio é actuando con seriedade e discrección no aspecto da xestión e resultados positivos no ámbito deportivo. Queda un longo camiño por diante si queremos recuperar o perdido, pero polo de pronto xa se divisan indicios de normalidade...
_________________________________

1 comentario:

Anónimo dijo...

Por lo visto al tener denunciado Luisito al Ciudad, oficialmente no se puede llevar entrenador para el próximo partido. Algo parecido a lo de Duque con el Compos y Baleato.