jueves, 30 de abril de 2009

MACKAY: 36/34_____Pr: 1.05



O xugador do "Cidade" que mantivo máis regularidade ao longo de toda a tempada.
Mackay ocupa o posto 6 na lista dos Zamora do grupo I da Segunda B.
Con 34 partidos xugados e 36 goles encaixados ofrece un promedio de 1.o5 goles por partido.
__________________________________
-Trofeo Zamora Grupo I Segunda B-

José Bermudez----Cultural Leonesa___33/18______0.54

Joel------------------Celta B_________ 34/23______0.67

Etxeberria----------Lemona_________29/21______0.72

Dani-----------------Zamora_________36/33______0.91

Escalona----------- Guijuelo________34/34______1.00

Mackay-------------Cidade de Sang____34/36______1.05

_______________________________

Hay tamén tres porteiros con muy bó promedio pero con menos de 25 partidos xugados:

Otermin--------Real Unión_________23/15____0.65

Urtzi------------R.Sociedad B________21/20____0.95

Alejandro------Ponferradina________20/15____0.75

___________________________________

miércoles, 29 de abril de 2009

GOLES...


_xornada____encontro_____resultado___goleador____

1.- Cidade - Marino [2- 0 ] Maykel(1) Changui(1)
2.- Bilbao Athl - Cidade [3 -2 ] Luigi(1) Julen(1)
5.- Cidade - Cultural [ 1- 0 ] Gonzalo(1)
7.- R.Unión - Cidade [ 1 -1 ] Changui(1)
8.- Cidade - R.de Ferrol [ 1 - 0 ] J.Sánchez(1)
10.- Cidade - Lemona [ 1 -0 ] Capi(1)
11.- Sestao - Cidade [ 1- 2 ] Maykel(1) J.Sánchez(1)
12.- Cidade - R.Sociedad B [ 1 -3 ] Capi (1)
14.- Cidade - Ponferradina [ 1 - 2 ] Pepe Rico(1)
16.- Cidade -Pontevedra [ 2 -2 ] P.Rico(1P) Maykel
17.- Depor B - Cidade [1 -1 ] Maykel(1)
18.- Cidade - Rácing B [ 2 -1 ] Maykel(1) Franqueira(1)
19.- Sporting B - Cidade [ 0 - 1 ] David Pérez(1)
21.- Cidade - Bilbao Athl [ 1 - 0 ] David Pérez (1)
22.- Barakaldo - Cidade [ 2 -1 ] M.Suárez(1)
23.- Cidade - Vallladolid B [ 3 - 1] Maykel(1)M.Suárez(1)Zabala(1)
25.- Cidade- Lugo [ 2 -2 ] M.Suárez(1) Franqueira (1)
26.- Cidade - R.Unión [ 1 -1 ] Pepe Rico(1P)
27.- R.de Ferrol - Cidade [ 1 -2 ] M.Suárez(1) Changui(1)
30.- Cidade - Sestao [ 1 - 0 ] Maykel (1)
31.- R.sociedad B- Cidade [1 - 1 ] Changui(1P)
32.- Cidade - Guijuelo [ 1 -1 ] Pepe Rico (1P)
33.- Ponferradina - Cidade [ 1 - 1 ] Maykel (1)
35.- Pontevedra - Cidade [ 0 - 4 ] J.Sánchez(2)Rafa(1)Franqueira(1)
36.- Cidade - Depor B [ 1 -1 ] Maykel(1)
38.- Cidade - Sporting B [ 4 - 4 ] Maykel(2)Gonzalo(1P)J.Torres(1)
____________________________________
  • MAYKEL 11 goles
  • M.SUÁREZ 4
  • CHANGUI 4 (1 Penalti)
  • PEPE RICO 4 (3 Penalti)
  • J.SÁNCHEZ 4
  • FRANQUEIRA 3
  • DAVID PÉREZ 2
  • CAPI 2
  • GONZALO 2 (1 Penalti)
  • RAFA, J.TORRES, JULEN, ZABALA,LUIGI 1 gol

____________

Esta taboa está actualizada, os resultados son os definitivos ca tempada 2008/09 rematada.
__________________________________

INFORMACIÓN SOBRE O RACING B.


Información relativa a plantilla e outros datos de interés:
Resultados dos partidos disputados polo Rácing B no presente campeonato:
___________________________________

A PARTICULAR "LIGUILLA" DO CIDADE.

O obxetivo deportivo está cumplido o que está por despexar públicamente e o futuro inmediato deste proxecto chamado: "Sd Ciudad de Santiago SAD".
O "Cidade" trasmite a sensación de que o Campeonato de Liga se lle está a facer eterno, que sobran partidos, que a sua particular Liga rematou fai varias xornadas. Que estos últimos partidos que levamos e os dous que quedan por disputar son trámites que hay que cumplir.
Esta falla de competitividad e frescura e exceso de zozobra e torpeza, excepto destellos como os vivido en Pasarón ou no Toralín, que conleva que ata o adestrador na roda de prensa posteriori ao encontro contra o Depor B declare que os millores no campo: o árbitro e os auxiliares, penso éu que pode ir relaccionada e mesmo xustificada co desgaste psicolóxico que viviron e viven os xugadores durante toda a tempada co tema dos impagos das nóminas e o que hay no presente acomulado de retrasos (cobraron 5 nóminas e se lles deben outras tantas), ca incertidume sobre o futuro deste equipo (máis de un xugador galego desta plantilla galeguizada do "Cidade" atopábase comodo co retorno a Galicia na presente tempada e viron no Cidade un club con proxecto para elo, posíbelmente terán que volver emigrar.).
Os xugadores comprensibelmente levan xornadas, meses descentrados, dende o momento en que traballan nunha empresa da que naide se quiso facer cargo, onde os dirixentes actuais permañecen no seu cargo en contra da sua vontade e sólo porque así o dictamina a ley. Dende o mes de xaneiro os xugadores ( o igual que moito socio) non deberon ver nada claro que o proxecto no que estaban involucrados tan directamente tivera visos de viabilidade.
Quedán dous partidos para rematar a Liga e pronostico que quedarán cinco ou catro nóminas pendentes o día que finalize a tempada 2008/09.
...Dificil...
_______________________________

"RACING B" vs "CIDADE DE SANTIAGO".

O domingo as 19.30 horas enfrentámonos o Rácing B, equipo que xugando na casa preséntase como un rival correoso e difícil de batir. De feito no presente ano sólo conqueriu levarse os tres puntos o Guijuelo, na 1ª semán de febreiro. De Santander sairon derrotados no 2009: Rácing de Ferrol [ 3 - 0 ], Zamora [ 2 - 1 ], Barakaldo [ 1 - 0 ], Sestao [ 3 - 2 ], Depor B [ 3 - 1 ], Marino [ 2- 0 ], e o Celta B e a Cultural lograron o empate inicial a [ 0- 0 ].
Si a mencionada racha engadímoslle a necesidade que ten o Rácing B de puntuar para evitar unha posibel promoción de descenso, tería que cambiar bastante o xogo e a imaxen que está a transmitir o "Cidade" nos dous últimos partidos, Copa Xunta de Galicia e contra o Depor B en Liga, para sacar algo positivo.
Por outra banda temos un "Cidade" que últimamente acostuma a practicar un xogo máis organizado e entregado nos desplazamentos polo cal o resultado é do máis incerto.

___________________________________

viernes, 24 de abril de 2009

APEADOS DA COPA XUNTA DE GALICIA.



Todos os equipos integrados na Segunda B: Rácing de Ferrol, Lugo e Cidade de Santiago foron apeados da "Copa Xunta de Galicia" por equipos que militan na 3ª División.

Antes de nada lembrar o refrán: mal de moitos consuelo de tontos.

Non tiven a oportunidade de ver o partido en directo polo cal limítome a realizar unhas observacións en base o xornal que máis información lle dedicou a derrota do Cidade ante o Ordenes, a Voz de Galicia, a quen corresponde a foto que ilustra esta entrada no blog. Destaca este xornal que o Órdenes fixo o millor partido da tempada, anticipándose nas xugadas, rápido na precura do balón, sorprendendo diste xeito a un Cidade de xogo lento e sen capacidade de reación.

Ven sendo típico neste tipo de torneos que o pequeno sorprenda o grande; agora ben, o "Cidade" nas circustancias nas que se atopa ca permanencia asegurada pero con graves problemas económicos, considero que iste encontro contra o Órdenes tivo que plantexarse coma unha final, é mesmo darlle máis prioridad que o partido de Liga do domingo contra o Depor B, onde non nos xugamos nada. Contra o Órdenes había en xogo 18.000 euros.

____________________________________

jueves, 23 de abril de 2009

O DEPOR B: DA PROMOCIÓN AO DESCENSO.


O Depor B, coñecido popularmente como Fabril, vai pasar de xugar a tempada pasada os play-off de ascenso a Segunda División A, dispois de quedar 4º no grupo I, a ter que competir a campaña vindeira en 3ª división.
A falla de tres xornadas para o remate da presente Liga atópase en postos de descenso con unha renda de 35 puntos, tantos como partidos leva xugados ata agora, e a 6 puntos dunha milagrosa salvación, ainda máis tendo en conta que os tres partidos que lle quedan por disputar son contra o Cidade, Rácing de Ferrol e Zamora, ningún deles rival directo.
A tempada pasada disputou a 1ª ronda dos play-off, tocándolle como rival o Campeón do Grupo IV, o Ecija. No partido de ida en Riazor adiantánbanse na eliminatoria os coruñeses por [ 1 - 0 ], gol de Lassad, pero en terras andaluzas o Ecija disipou da mente dos siareiros do Deportivo un hipotético enfrentamento entre o Depor B - Celta na Segunda División A, o endosarlle o Depor B un [ 3 - 0 ]. A posteriori, na seguinte eliminatoria, o Ecija cruzouse co Huesca e foi este último quen ascendeu de categoría. Curiosamente a campaña que está a facer o Ecija este ano tampouco se asemella en nada a da tempada pasada.
Un dos factores claves da situación actual do Depor B é que a plantilla que compuña o equipo o ano pasado ten pouco que ver ca que está a xugar este ano. Configurouse para tempada que está a finalizar un equipo muy renovado, dotado de xugadores xóvenes con proxeción pero fallos da experiencia necesaria para competir nesta categoria. Como "veteranos" na plantilla actual en relación a do ano pasado actuan Iván Carril, Aridane, Juannan, Lassad e 2 ou 3 xugadores máis. Xugadores éstes que xunto con Iván Pérez marcan a diferencia e os goles: oito leva contabilizados Lassad, sete Iván Pérez, seis Aridane, tres Ivan Carril, Juannan e Hugo García.
En partidos o Depor B leva ganado 8, empatado 11, e perdidos 16 encontros. En goles suma unha renda de 36 goles a favor por 49 en contra.
__________________________________

INFORMACIÓN ACERCA DO DEPOR B

No seguinte enderezo atoparedes información sobre os xugadores que conforman plantilla do Deportivo B, así coma outros datos de interés:

http://canaldeportivo.com/servlet/es.iris.servlets.Equipo?accion=2&ver=1&id_equipo=644

Pinchando no enderezo seguinte atoparedes os encontros disputados polo Depor B no presente campeonato, así como os resultados e outros datos

http://www.futbolme.com/futbol/0809/3/equipos/deportivo_b_calendario.asp
______________________________

miércoles, 22 de abril de 2009

DOMINGO,DÍA 26 : "CIDADE DE SANTIAGO" vs "DEPORTIVO B" .


Iste próximo domingo en San Lázaro terémos a oportunidade de ver o penúltimo partido desta tempada no noso campo, o que nos enfrenta o filial do Depor. O derradeiro será contra outro filial: o do Sporting.
No partido de ida en Abegondo o resultado foi de empate a [ 1 - 1 ]. O gol do Cidade foi autoría de Maikel.
Puñase fin con iste empate a unha mala racha de resultados que escomenzaran ca derrota en San Lázaro [ 1 - 3 ] frente ao filial da Real Sociedad, e se prologarían cas sufridas ante o Guijuelo, Ponferradina, Celta B.
Viviánse momentos tensos nesa segunda semana de decembro do ano pasado, vísperas deste derbi provincial, xa que ata dous días antes non houbo confirmación de se iba poder xugar o encontro debido o ultimatun dado pola plantilla máis o equipo técnico o consello de administración do club pidindo respostas sobre a viabilidade económica do club.
A foto de arriba corresponde a Ivan Carril, xoven promesa do Deportivismo. A da abaixo e unha foto do derbi que enfrentou o Depor B co Pontevedra, co resultado final de [ 0 - 1 ] .
___________________________________

martes, 21 de abril de 2009

LUISITO...ASI O VEXO ÉU

Gran parte do éxito da boa campaña que está a facer o "Cidade" débese ao adestrador que ten este equipo.
Sen quitarlle mérito algún a plantilla de xugadores, os cales amosaron ser uns grandes profesionales capacitados para xugar en categorías superiores, Luisito soupo extraer de cada xugador o máximo rendimento e a máis de un devolverlle a ilusión polo fútbol competitivo.
Éu penso que dispois desta tempada os xugadores do "Cidade" saen reforzados en moitos aspectos.
Luisito impregnou nos adestramentos espíritu de superación nos xugadores co fin de que se gañasen o posto na convocatoria e posteriormente na aliniación para o encontro do domingo.
Se repasamos as aliniacións titulares ao longo da tempada obsérvase que non se repite éu creo que ningunha, ainda máis, de un partido ao seguinte pode haber variacións considerábels, xa sexa por motivos tácticos, Luis estuda moito o xogo do rival, ou porque decide deixar no banquilo a un xugador que durante a semán observou que non se esforzou o suficiente.
Para él o traballo diario, a constancia, e o afán de superación son elementos vitais no adestramento do futbolista.
Como adestrador penso que manexa ben o vestuario: esixente, sin caer no autoritarismo, e xeneroso e comprensivo ao mesmo tempo.
Luis para idade que ten, lembremos que se retirou como futbolista por unha lesión na tempada 2004/05 nun encontro na Rexional Preferente entre o Cidade e o Atl.Ribeira, semella que leva anos adestrando. Domina o aspecto psicolóxico do vestuario, mantendo o grupo unido e sin fisuras aparentes. De haber algún problema, éste non transcende, procúrase arranxar de portas para dentro.
No aspecto táctico, Luisito, antes de amosar unha estratexia definida, procura estudar o rival, os seus puntos débiles, a sua fortaleza, os xugadores que requiren un marcaxe especial, etc...e en función delo, plantexa o encontro. A cada rival unha estratexia diferente, dentro de un sistema xa prestablecido, pero sempre con variacións. De ahí que en moitas ocasións nos sorprenda deixando mesmo fora da convocatoria a algún xugador que ven sendo habitual, pero contra o equipo que nos vamos enfrentar prefire que ocupe a sua posición outro xugador con unhas características concretas máis acorde co rival de turno.
Luis, guardando as distancias e manteñendo un sutil pero efectivo principio de autoridade asemella un membro máis da plantilla de xugadores. É o primeiro en defender os xugadores si hay motivo para elo, ante unha crítica por exemplo inxusta, ao tempo que os pode reprobar si observa que non se esforzan o suficiente ou non seguen as directrices marcadas por él. A madurez que posee a pesares da sua curta traxectoria como adestrador, amósase na observación anterior e ten como fruto unha plantilla cohesionada.
Ca tempada "especial"que viviu o club, chea de incertidumes no tema económico, soupo reconducir o vestuario o meramente deportivo.
Éu penso que Luisito ten un gran futuro como adestrador. Tempo o tempo.
____________________________________

lunes, 20 de abril de 2009

GOLEADA DO CIDADE AO PONTEVEDRA.


Onte o Cidade volveu amosar a sua millor versión, e como ven sendo habitual ante un equipo teoricamente superior e nun estadio que rexistra boa entrada de público como tamén sucedera en Ferrol e en Ponferrada.
É o Cidade un equipo que se crece cando as bancadas estan cheas. Ista motivación extra doe que non a atopen cando xogan en San Lázaro e vexan sempre os mesmos 400 aficionados que nos achegamos ao campo a animar a este equipo.
Ao grupo humán que compón este equipo: xugadores e equipo técnico, os calificativos positivos que lles podo dedicar quédanse pequenos.
Gracias...
___________________________________

lunes, 13 de abril de 2009

OS " BES".


Os equipos filiais, os "bes", compostos por unha plantilla xoven e en teoría falta de experiencia, están sendo puntos grises na tempada que está a facer o "Cidade". A xuventude imponse a veteranía.

Dos once enfrentamentos que levamos disputados ata agora, con 33 puntos en xogo , soio conquerimos unha renda de 13 puntos. De todos xeitos o análise das causas corresponden o equipo técnico.

Éu vou tratar o tema dos filiais en xeral. Historicamente os clubs tiveron filiais, nalgúns casos máis de un. No caso recente do Celta o Gran Peña (dispois Gran Peña Turista) o Turista (dispois Celta Turista), e xa con anterioridade O Berbés. Ca reconversión na tempada 1991/92 dos clubs en Sociedades Anónimas Deportivas os clubs filiais integráronse na extructura da Sociedade. A diferencia do que acontecia no pasado os clubes ca nova ley non podían contar con filiais independentes.

As relacíóns entre o club e o filial están suxeitas a un convenio e a un regulamento. Entre as numerosas reglas vou lembrar as máis importantes:

No aspecto competicional, o filial queda sempre subordinado o 1º equipo do club, de tal xeito que o descenso deste último a división do outro levará consigo a que o filial descenda a categoría imediata inferior, o mesmo tempo non poden coincidir na mesma categoria no caso de conquerir o filial o ascenso ( si o Celta este ano descendera, o Celta B tería que competir a tempada vindeira na 3ª División, e no caso de conquerir meterse o Celta B entre os 4 primeiros, o dereito a xugar os play-off corresponderá o 5º clasificado).

Un punto sempre polémico é o vinculo que une o equipo principal e os filiales no que respecta as alineacións de futbolistas: os xugadores poderán alinearse en calqueira dos equipos que constituen a cadena de equipos do club, sempre que cumplan ca idade requerida para a categoría e que se trate dun equipo de orden superior o que estén inscritos

De producirse a circustancia anterior, o xugador poderá voltar o seu equipo de orixen salvo que houbera intervido en máis de dez encontros no equipo superior, dando igual que xugara de forma alterna ou sucesiva e o tempo real de xogo que houbese xugado

Sin embargo un futbolista non poderá xugar no equipo superior nas catro últimas xornadas do campeonato oficial, agás que o xugador leve participando nas cinco xornadas anteriores de forma sucesiva xa no equipo superior, ou ao longo da tempada en dez ocasións. Ista normativa non afecta os porteiros, nin os xugadores menores de 25 anos, si se trata de profesionais, ou os sub-23 , si se trata de aficionados

Como se observa a restricción que se fai para as catro últimas xornadas de campeonato e unha norma confusa, de escaso fundamento e de difícil xustificación

_________________________________

martes, 7 de abril de 2009

INFORMACIÓN SOBRE O CELTA B.



No enlace seguinte tedes cumplida información acerca do corpo técnico e dos xugadores que compoñen a plantilla do Real Club Celta B:

http://www.fundacioncelta.com/fundacioncelta/jugadores.php?eid=1

_____________________________________

RESULTADOS DO CELTA B.

______________________________________


______________________________________

Para ter aceso os resultados do Celta B dende a 1ª xornada a última que se xugou, a 33, remítovos o seguinte enderezo, onde tamén se vos informa sobre a plantilla de xugadores e outros datos de interés:
http://www.futbolme.com/futbol/0809/3/equipos/celta_b_calendario.asp

_____________________________________

ISTE DOMINGO, DÍA 12: "CIDADE DE SANTIAGO" vs "CELTA B"



Este domingo xugamos contra un rival que dende a xornada 27 non leva perdido ningún partido. Pois dende aquil día que de xeito un tanto sorpresivo viase sorprendido por outro filial, o do Sporting nas instalacións da escola de Mareo por [ 2 - 1 ], leva conquerido unha racha de 6 xornadas sin coñecer a derrota, sumando 4 victorias e 2 empates. Derrotando nos seus estadios con resultados contundentes ao Barakaldo [ 0 - 4 ] e a Cultural Leonesa, 2º clasificado, por [ 0 - 3 ] e gañando o Marino na visita ao su campo [ 0 - 1 ] . E no campo do Barreiro conquerindo empatar co Bilbao Athl [ 1 - 1 ] e nesta última xornada nº 33 logrando un empate co Lugo co resultado inicial de [ 0 -0 ].
Polo tanto pódese calificar de expeitacular ista 2ª volta (tamén derrotou a Real Unión de Irún na visita o seu campo [0 - 1] ) que esta a realizar o filial do Celta, equipo que representa xunto co Bilbao Athl, a única excepción a horríbel tempada, a nivel de resultados dos equipos filiais do grupo I da 2ª B (grupo donde máis filiais hay encadrados).
O equipo celeste a medida que foi avanzando o campeonato, ademais de chegar nun gran estado físico de forma, está partido tras partido máis compenetrado, realizando un fútbol con maiúsculas, como o amosan as estadísticas: o Celta B na primeira volta contabilizaba 23 puntos. Na 2ª volta con 14 encontros xugados leva conquerido 26 puntos, a falla de 5 partidos por xugar para o remate da Liga e polo tanto 15 puntos por disputar ainda.
As fotos corresponden: a 1ª.- os xugadores do Celta B festexando un gol , a do medio é o encontro Celta B - Depor B [ 2 - 0 ], e a da abaixo corresponde o partido xugado no campo do Barreiro do Celta B contra o "Cidade" [ 1 - 0 ]
____________________________________

lunes, 6 de abril de 2009

45 PUNTOS A FALLA DE 5 XORNADAS.

6000 aficionados da Ponferradina asistiron onte no seu estadio o logro por parte dos xugadores e do equipo técnico do "Cidade de Santiago" do obxetivo que ao principio de curso se tiña proposto iste club recén ascendido: o conquerir 45 puntos, os necesarios para seguir competindo a tempada vindeira na mesma categoría.
É un a magoa, que remate a Liga e que o equipo quede situado en terra de naide, porque éu creo que si estes xugadores en San Lázaro recibiran o apoio proporcional que se merece un equipo que milita en Segunda División B, do noso campo houbéranse escapado menos puntos, o sentirse o equipo máis arroupado. Como declaraba Marcos Suárez en vísperas do encontro contra a Ponferradina: nestes encontros un síntese máis motivado porque son campos, o do Toralín, que soien rexistrar unha gran afluencia de público.
Por outra banda, os árbitros ao longo do que levamos de tempada non andiveron muy finos nas suas decisións, trabucándose en contra dos nosos intereses en momentos vitais para o posterior desenrolo do partido. O último exemplo témolo no encontro de onte, o non conceder un gol "fantasma", e centrándonos no mesmo rival, no partido de ida, donde lle pitaron o "Cidade" un penalti en contra inexistente e lle deixaron de sinalar dous a favor.
Ainda que aparentemente, non afecte o rendimento deportivo dos xugadores, como teñen amosado semán tras semán, actitud esta digna de todas as louvanzas, non cabe dúbida que os problemas ecónomicos polos que navega o clube dende a pretemporada consciente ou insconcientemente afectan a vida diaria dos xugadores.
Pregúntome éu ... Sin todos estes factores que acabo de mencionar e algún que outro máis que me gardo no tinteiro. ¿ En que posición estariamos agora na taboa clasificatoria?.
__________________________________

CUMPLEANOS DE CAPI E DE DAVID PÉREZ.

______________________________



______________________________



Con uns días de retraso felicitar dende o blog a Capi e a David polos seus cumpleanos. A Capi que o debeu celebrar o xoves da semán pasada, día 2 de abril e a David que cumplia anos onte domingo.
Manuel Borja Calvar Simón,"Capi", naceu en Vigo fai agora 28 anos, e David Pérez tamén debeu nacer en Vigo, ainda que é de Mos ( Pontevedra)un 5 de abril 32 anos atrás.
Tanto David como Capi formáronse na canteira do Celta, escomenzando os dous a sua carreira futbolística no Celta B.
Os dous teñen unha fructífera traxectoria como profesionais:
Capi xugou nas filas do mencionado Celta B no Ponte Ourense, Zaragoza B, Zaragoza, Murcia, Las Palmas ata recalar esta tempada no Cidade de Santiago.
David, que ocupa a demarcación de interior esquerdo, escomenzou no Celta B , Racing de Ferrrol, voltou o Celta B, Elche, Ourense, Zamora, Cultural Leonesa, e esta e a sua 1ª campaña no Cidade.
A ámbolodous ... felicidades..e unha aperta.
___________________________________

viernes, 3 de abril de 2009

RESULTADOS DA DEPORTIVA PONFERRADINA


Para coñecer os resultados conqueridos dende a primeira xornada ata a 33 pola Deportiva Ponferradina remítovos o seguinte enderezo:
_________________________________

INFORMACIÓN ACERCA DA PONFERRADINA


Información xeral relativa o club: historia, plantilla, equipación, directiva, etc..:
Enlace directo para coñecer os xugadores que compoñen a plantilla da Deportiva Ponferradina:
Enderezo da Federación de Peñas da Deportiva Ponferradina:
_____________________________________

Iste domingo, "PONFERRADINA" vs "CIDADE DE SANTIAGO"



Este domingo o equipo xoga en terras bercianas contra a Deportiva Ponferradina, equipo que a falla de seis partidos para o remate da Liga está de 3º na clasificación con 55 puntos, distanciado 5 puntos respecto o 4º, o que o confirma como un dos máis seguros candidatos, xunto ca Real Unión de Irún e a Cultural de León a xugar os play-off de ascenso a Segunda División A. No grupo I, da Segunda División B, a disputa está máis localizada no cuarto posto polo cal aspiran o Pontevedra, o Rácing de Ferrol, o Lemona, o Zamora e mesmo o Barakaldo.
A Ponferradina no seu estadio soio encaixou duas derrotas no que levamos de tempada, as duas ante equipos vascos e durante a 1ª volta, ante o Bilbao Athl [ 0 - 1 ], na xornada 9, e ante o Lemona [ 1 - 2 ], na xornada 17. No Toralín cedeu cinco empates: ante a Real Unión [ 0 - 0 ], o Celta B [ 1 - 1 ], o Lugo [ 3 - 3 ], Barakaldo [ 0 - 0 ] e Cultural [ 0 - 0 ].
As fotos corresponden: a 1ª é do partido de Copa do Rey xugado no Sanchez Pizjuán, onde a Ponferradina cae eliminado por [4 - 0] frente o Sevilla, nunha noite máxica de Luis Fabiano. As duas seguintes son instantaneas do partido de ida xugado contra os bercianos en San Lázaro, o 23 de novembro do ano pasado, partido que perdemos por [ 1 -2 ]; encontro no cal o resultado final non fixo xustiza o que se viu no campo, e no que o árbitro tivo un protagonismo polémico en contra dos nosos intereses.
___________________________________