martes, 20 de enero de 2009

TRIBUNA ABERTA. ALGO TERÁ QUE CAMBIAR. Cap 2.

Os meses cargados de angustia polos que transcurre a vida cotidían do club esta tempada, a nivel extradeportivo; tampouco deberían ser diana para pedir responsabilidade os actuais mandatarios. As circustancias vividas pola entidade istes tres últimos anos: ascensos consecutivos, pouco apoio empresarial ao proxecto da Sd Ciudad de Santiago Sad, escasa base social, como se amosa no respaldo ao equipo nas gradas, ruptura por parte da TVG, iste ano, do convenio que tiña cos equipos galegos da 2ªB, etc. Todos istos factores, que repercuten económicamente, non deron moito marxe ao actual consello de adm., excepto a actuar a ir limitandose a realizar unha axenda de "día a día ". Si pretendemos seguir no fútbol de categoría nacional; os proxectos nun club, e xan non deportivos, senón todo o que rodea a unha entidade deportiva, deberían planificarse a curto-medio-longo plazo. E para elo débese contar con un apoio económico que ata agora carecemos.
Fálase que na próxima reunión de accionistas, o novo consello de adm.elixido, terá o respaldo dun grupo de empresarios "anónimos " que axudarán o "Cidade" a sair da encrucixada na que se atopa. Se eles poñen os cartos estarán no seu lexítimo dereito de escoller quen millor llos administre.
Ante ista situación; na próxima reunión, como moito, poderianse presentar duas candidaturas: a anterior, co respaldo dos empresarios, ou o millor tamén, alguén con moito peso no club nos de unha sorpresa.
Unha cousa está muy clara: sin financiación...o futuro, de verdiblanco tornase a negro.
E.U.F socio da peña Pepe Rico

1 comentario:

Anónimo dijo...

Xa sei que mal de outros consuelo de tontos pero, hay veces na que a situación e mala e temos que mirar o lado para ver si e un problema noso ou xeral, según fontes da federación de fútbol o 40% dos clubes de segunda b non poden garantizar os pagos nesta tempada, moitos como o Portuense, levan toda a tempada sen pagar nóminas e sufriron a saida da maior parte da plantilla e adestradores. E un momento difícil, pero si podemos superar esta tempada o proxecto estará asegurado e poderemos afrontar unha nova tempada, e de supoñer que con unha nova xunta directiva que terá o listón moi alto pola xestión dos actuais membros que lograron algo moito mais que difícil en moi pouco tempo pero con tempo para planificar deportiva e socialmente, esta última a única pega da actual tempada.

Un saudo.