jueves, 29 de enero de 2009

OS PROBLEMAS ECONÓMICOS NA 2ª B.

Onte mércores, 28 de xaneiro, o xornal "La Voz de Galicia", facíase eco das dificultades económicas polas que atravesan bastantes clubs da 2ª B.
O artigo toma como referencia a situación na que anda sumerxido o "Cidade de Santiago", e expón varios casos similares: Portuense, Aguilas, Lanzarote, Fuerteaventura, Leganés, San Fernando, Universidad de las Palmas, Granada, Vecindario, Ibiza, Linares...
O periodista, autor da reportaxe, esquécese que mesmo en Galicia, as finanzas do Pontevedra CF e do CD Lugo non deben ser muy sólidas, senón non andarían a pedir créditos e a buscar avales.
O que é unha realidade, é que este ano na categoría de bronce, cada mes son máis os clubs os que lle costa chegar a fin de mes, e mesmo van acumulando mensualidades impagadas os xugadores e demais empregados.
A 2ª B, xa por tradición, é unha categoría nacional do fútbol español "problemática económicamente", merecedora dun debate no seno da RFEF, sobre o financiamento dos clubs que participan nela.
Buscar fórmulas para que estes equipos poidan sobrevivir. ¿ Porque se teñen que levar toda a tallada da recaudación das quinielas os equipos da 1ª división e algún da 2ª ?. Non lles chegan cos dereitos televisivos, etc. ¿Non é vergonzoso que os equipos da 2ªB manexen presupostos para toda unha tempada (incluidos neles as categorias inferiores, de base...) que ronden 0 millón ou dous; e os equipos da 1ª división fagan fichaxes por un xugador de 15 millóns?..., e ainda así nos con problemas económicos.
Os clubs de fútbol, dende o momento en que se convertiron en SAD gestiónanse como empresas, e neste periodo de crisis económica, e xa técnicamente de recesión, a RFEF debería elaborar un plan de rescate que repercutira nos equipos que na actualidade militan en categoría nacional con humildade pero con poucos medios, esa categoría chámase 2ªB.
Non é facil atopar financiación empresarial para unha entidade deportiva que milita na 2ª división B, en época de recesión económica. Os empresarios invirten en equipos con capacidade mediática.
E nin a RFEF nin os poderes públicos deberían esquecer que detrás dun 1º equipo está o fútbol base de dito club, e decir toda unha gran labor socio-deportiva que merece ser rescatada.

________________________________________________


No hay comentarios: