jueves, 29 de enero de 2009

OS PROBLEMAS ECONÓMICOS NA 2ª B.

Onte mércores, 28 de xaneiro, o xornal "La Voz de Galicia", facíase eco das dificultades económicas polas que atravesan bastantes clubs da 2ª B.
O artigo toma como referencia a situación na que anda sumerxido o "Cidade de Santiago", e expón varios casos similares: Portuense, Aguilas, Lanzarote, Fuerteaventura, Leganés, San Fernando, Universidad de las Palmas, Granada, Vecindario, Ibiza, Linares...
O periodista, autor da reportaxe, esquécese que mesmo en Galicia, as finanzas do Pontevedra CF e do CD Lugo non deben ser muy sólidas, senón non andarían a pedir créditos e a buscar avales.
O que é unha realidade, é que este ano na categoría de bronce, cada mes son máis os clubs os que lle costa chegar a fin de mes, e mesmo van acumulando mensualidades impagadas os xugadores e demais empregados.
A 2ª B, xa por tradición, é unha categoría nacional do fútbol español "problemática económicamente", merecedora dun debate no seno da RFEF, sobre o financiamento dos clubs que participan nela.
Buscar fórmulas para que estes equipos poidan sobrevivir. ¿ Porque se teñen que levar toda a tallada da recaudación das quinielas os equipos da 1ª división e algún da 2ª ?. Non lles chegan cos dereitos televisivos, etc. ¿Non é vergonzoso que os equipos da 2ªB manexen presupostos para toda unha tempada (incluidos neles as categorias inferiores, de base...) que ronden 0 millón ou dous; e os equipos da 1ª división fagan fichaxes por un xugador de 15 millóns?..., e ainda así nos con problemas económicos.
Os clubs de fútbol, dende o momento en que se convertiron en SAD gestiónanse como empresas, e neste periodo de crisis económica, e xa técnicamente de recesión, a RFEF debería elaborar un plan de rescate que repercutira nos equipos que na actualidade militan en categoría nacional con humildade pero con poucos medios, esa categoría chámase 2ªB.
Non é facil atopar financiación empresarial para unha entidade deportiva que milita na 2ª división B, en época de recesión económica. Os empresarios invirten en equipos con capacidade mediática.
E nin a RFEF nin os poderes públicos deberían esquecer que detrás dun 1º equipo está o fútbol base de dito club, e decir toda unha gran labor socio-deportiva que merece ser rescatada.

________________________________________________


OBAMA...É DO " CIDADE DE SANTIAGO "...confirmado.


Foto: Solrak.

martes, 27 de enero de 2009

O DOMINGO RECIBIMOS O COLISTA...

O R. Valladolid B a estas alturas de tempada é un claro favorito o descenso. Ten conquerido soio 14 puntos, 19 ten o Sporting B, 21 o Deportivo B, 22 puntos o Marino, e 23 a Real Sociedad B.
Como visitante os seus números son precarios: un partido gañado, precisamente contra outro filial: o Rácing de Santander B, e un empate tamén contra outro filial, a Real Sociedad B. En total como visitante obtuvo a cativa renda de 4 puntos.
Tendo en conta que parece ser que soio se leva ben cos filiais ( na sua casa derrotou o Celta B e o Bilbao Athl B, ainda que non puido co Depor B ni co Sporting B ); a priori o encontro a disputar o domingo en San Lázaro, non debería entrañar moita dificultad...pero bueno, o millor é non confiarse...e sair o campo pensando que o contrincante é a Real Unión de Irún.

CUMPLEANOS DE TACHI E DE IOSU

Ainda que con retraso felicitar polo seu cumpleanos, os xugadores da linea defensiva do " Cidade", Maximino Oubiña Mariño, mais coñecido por Tachi, nado en Boiro fai agora 26 anos (dende o día 16 do mes presente). E a Iosu Rivas Carranza, nado en San Sebastian fai tamén 26 anos, cumplidos o día 20 deste mes. A ámbolos dous, os nosos millores desexos. Felicidades.!!!
















MARCOS...ABRE A SUA CONTA.



O santiagués Marcos Suárez volveu a ver porta, dispois dunha longa sequia goleadora. Dende o blog envíolle as miñas felicitacións, porque a pesar de non anotar ningún gol na 1ª volta, en todos os partidos que xugou, sempre amosou cualidades e realizou un traballo colectivo en prol do equipo, xa sexa en forma de asistencias ou de recuperacións de balóns. Si Luisito sempre confiu nel, por algo será.
Para un dianteiro coma él, o non marcar, deberíano estar desquiciando. Así que tranquilo Marcos...que unha vez bautizado soio tes que confirmarte.
Ánimos !!! ... e enhoraboa.


PLANTILLA DO R.VALLADOLID B



Información detallada no seguinte enderezo:

http://www.realvalladolid.es/equipos/valladolid-B/plantillaValladolid-B/

RESULTADOS DO R.VALLADOLID B


___________________________________________

1.- R. Unión - R. Valladolid B [ 1 - 0 ] [ 0 - 3 ]

2.- R. Valladolid B - Cultural [ 0 - 1 ] [ 1 - 0 ]

3.- Lugo - R.Valladolid B [ 2 - 1 ] [ 1 - 2 ]

4.- R. Valladolid B - Cidade de Santiago [ 0 - 0 ]

5.- Rácing de Ferrol - R. Valladolid B [ 1 - 0 ]

6.- R. Valladolid B - Zamora [ 0 - 1 ]

7.- Lemona - R. Valladolid B [ 2 - 0 ]

8.- R. Valladolid B - Sestao [ 1 - 4 ]

9.- R. Sociedad B - R. Valladolid B [ 1 - 1 ]

10.- R. Valladolid B - Guijuelo [ 2 - 0 ]

11.- Ponferradina - Valladolid B [ 3 - 1 ]

12.- R. Valladolid B - Celta B [ 1 - 0 ]

13.- Pontevedra - R. Valladolid B [ 3 - 0 ]

14.- R. Valladolid B - Depor B [ 0 - 2 ]

15.- Rácing de Santander - R. Valladolid B [1 - 2 ]

16.- R. Valladolid B - Sporting B [ 1 - 4 ]

17.- Marino - R. Valladolid B [ 2 - 0 ]

18.- R. Valladolid B - Bilbao Athl B [ 2 - 1 ]

19.- Barakaldo - R. Valladolid B [4 - 1 ]

__________________________________________

" CIDADE de SANTIAGO " vs " R.VALLADOLID B "






As duas fotos de arriba corresponden o partido xugado a domingo pasado entre o R. Valladolid B e o CD Lugo, onde o Lugo conqueriu a victoria en terras pucelanas co resultado final de [ 1 - 2 ].
Nas fotos de abaixo, é a disputa de un duelo de filiais: o R. Valladolid B contra o Bilbao Athl B, co resultado final favorábel os vallisoletanos por un [ 2 - 1 ].

jueves, 22 de enero de 2009

RESULTADOS DO BARAKALDO CF.

__________________________________
1.-Culural - Barakaldo [2 - 0 ] [1 - 0 ]
2.- Barakaldo - Lugo [ 2 - 0 ] [ 1 - 0 ]
3.- Cidade de Santiago - Barakaldo [ 0 -1 ] [ ? ]
4.- Barakaldo - Rácing de Ferrol [ 1 - 0 ]
5.- Zamora - Barakaldo [ 2 - 1 ]
6.- Barakaldo - Lemona [ 0 - 0 ]
7.- Sestao - Barakaldo [ 0 - 0 ]
8.- Barakaldo - Real Sociedad B [2 - 0 ]
9.- Guijuelo - Barakaldo [ 3 - 1 ]
10.- Barakaldo - Ponferradina [ 1 - 2 ]
11.- Celta B - Barakaldo [ 0 - 1 ]
12.- Barakaldo - Pontevedra [ 1 -1 ]
13.- Deportivo B - Barakaldo [ 1 - 0 ]
14.- Barakaldo - R.de Santander B [ 2 - 1 ]
15.- Spórting B - Barakaldo [ 1 - 3 ]
16.- Barakaldo - Marino [ 0 - 3 ]
17.- Bilbao Athl B - Barakaldo [ 3 - 1 ]
18.-Real Unión - Barakaldo [ 0 -1 ]
19.- Barakaldo - Real Valladolid B [ 4 - 1 ]
_________________________________

miércoles, 21 de enero de 2009

SOBRE O BARAKALDO...PRÓXIMO RIVAL.

Na foto de arriba, once inicial co que se presenteu o Barakaldo CF, en S.Lázaro na 1º volta.
Páx.web.do clube: http://www.barakaldocf.com
Enlace plantilla: http://www.barakaldocf.com/plantilla
Enlace peñas: http://www.barakaldocf.com/penyas

martes, 20 de enero de 2009

TRIBUNA ABERTA. ALGO TERÁ QUE CAMBIAR. Cap 2.

Os meses cargados de angustia polos que transcurre a vida cotidían do club esta tempada, a nivel extradeportivo; tampouco deberían ser diana para pedir responsabilidade os actuais mandatarios. As circustancias vividas pola entidade istes tres últimos anos: ascensos consecutivos, pouco apoio empresarial ao proxecto da Sd Ciudad de Santiago Sad, escasa base social, como se amosa no respaldo ao equipo nas gradas, ruptura por parte da TVG, iste ano, do convenio que tiña cos equipos galegos da 2ªB, etc. Todos istos factores, que repercuten económicamente, non deron moito marxe ao actual consello de adm., excepto a actuar a ir limitandose a realizar unha axenda de "día a día ". Si pretendemos seguir no fútbol de categoría nacional; os proxectos nun club, e xan non deportivos, senón todo o que rodea a unha entidade deportiva, deberían planificarse a curto-medio-longo plazo. E para elo débese contar con un apoio económico que ata agora carecemos.
Fálase que na próxima reunión de accionistas, o novo consello de adm.elixido, terá o respaldo dun grupo de empresarios "anónimos " que axudarán o "Cidade" a sair da encrucixada na que se atopa. Se eles poñen os cartos estarán no seu lexítimo dereito de escoller quen millor llos administre.
Ante ista situación; na próxima reunión, como moito, poderianse presentar duas candidaturas: a anterior, co respaldo dos empresarios, ou o millor tamén, alguén con moito peso no club nos de unha sorpresa.
Unha cousa está muy clara: sin financiación...o futuro, de verdiblanco tornase a negro.
E.U.F socio da peña Pepe Rico

jueves, 15 de enero de 2009

TRIBUNA ABERTA : ALGO TERÁ QUE CAMBIAR. Cap 1º

O próximo mes hay xunta extraordinaria de accionistas da Sad Ciudad de Santiago. Nela contituirase un novo consello de adm., ampliación de capital da sociedad, si procedese, entre outros temas a tratar.
O club deambula,- dende o mes de outubre, tanto no aspecto institucional, económico, imaxen...e ...etc.-, pero no aspecto deportivo iste equipo conqueríu unha 1ªvolta muy digna, axeno aos aspectos extradeportivos, que tan directamente lles afectan o bolsillo.
Ainda así o equipo estivo o filo da desaparición a mediados do mes de decenbro: os xugadores con carta blanca para recibir ofertas ou buscar no mercado de inverno un club con garantías maís solventes no pago puntual de nómimas que no equipo no que defenden os cores verdiblancos: o " Cidade de Santiago".
A plantilla decidíu seguir unida e apoiar o actual proxecto.
As nóminas atrasadas vanse pagando ( o actual consello de adm. co Dr. Suárez Alén o frente; -si non fora por eles o próximo domingo non habería partido, fixeron un traballo que xa llo agradeceremos co tempo. Estas nóminas que se van reintegrando a modo de goteo de suero hospitalario, (son as circustancias as que obrigan a empregar esta terapia, debido o deficit no club de antibióticos de última xeración )..., seguen a causar incertidume no vestuario, no consello de adm. na afición, nos xornalistas...
Na próxima reunión de accionistas, espero que se de a coñecer un plan de viabilidade económico de futuro para o "Cidade", para nadar en augas tranquilas ( ca roupa ven gardada ).
Como vai haber elección ao consello de admin...os posibels candidatos ao consello de administración ...gustariame que presentasen un proxecto serio sobre o club, xa non no maís urxente, o tema económico; senón tamén en outros aspectos: instalacións, categorías inferiores, márqueting, comunicación, afición...; en definitiva o seu "programa electoral". Este club medrou rápido deportivamente, pero quedou estancado a nivel institucional e organizativo.
A viabilidade económica do club, é un dos aspectos que manteñen a esta entidade en constante incertidume; (isto repercute no vestuario e na afición). O futuro que se dislumbra, amañece con empresarios anónimos deambulando en neboa espesa; e bueno... parece indicar que podemos ir parcheando nóminas ata o final de tempada...pero ¿ dispois que...???
Os que salgan elixidos no próximo consello de adm...terán unha dificil labor por diante e un minucioso traballo a realizar; pero con creer no proxecto do " Cidade ", imaxinación, creatividade , temos pa soñar e sufrir por moitos anos.
E lembrar que o actual presidente en funcións, Dr Xosé Suárez Alén, : "allanó el campo "
E.U.F . socio da peña Pepe Rico

miércoles, 14 de enero de 2009

¡ FELIZ CUMPLEANOS ...DAMIAN !



Mañán día 15, cumple 23 anos o porteiro do " Cidade ", o coruñés Damían Seijoso Rey.
Damían defendeu con anterioridade as porterias do Montañeros, Rápido de Bouzas e Cerceda.
¡¡¡ Feliz cumpleanos !!!

A AFICIÓN DO ..." CIDADE "...


A afición do " Cidade " é diferente... ¡¡¡ CLARO QUE SI !!!
Somos aficionados a un club de minorias. O noso equipo non fai taquilla con 900 persoas no campo de San Lázaro (rondamos os 4o0-500), pero sóbranos educación.
Por San Lázaro, paseáronse árbitros impresentabels, pero nunca fixo falla que ninguén da directiva do " Cidade ", tivera que baixar o campo e acompañar o árbitro o tunel de vestuarios.

Éu considero que o arbitraxe sempre resulta un tema polémico na maioría dos encontros que se disputan; e que o aficionado tende a cargar nel a sua ira, e na maioría dos casos, o mal xugar do equipo que defende os seus cores. É unha persoaxe estigmatizada ( e menos mal que xa non visten de cor negro integro ).

A min gustariame que a afición do "Cidade", manifestáramos as nosas discrepancias co equipo arbitral, empregando termos descalificativos-festivos, pero nunca relativos os seus familiares ou demais intimidades. E que nunca pase deso...( eso douno por suposto ).


martes, 13 de enero de 2009

RESULTADOS BILBAO ATHL B.

____________________________________
1.- Lugo - Bilbao Athl B [ 1 - 0 ] [ 0 - 0]
2.- Bilbao Athl B - Cidade de Santiago [ 3 - 2 ]
3.- Rácing de Ferrol - Bilbao Athl B [0 - 2 ]
4.- Bilbao Athl B - Zamora [ 1 - 1 ]
5.- Lemona - Bilbao Athl B [ 0 -0 ]
6.- Bilbao Athl B - Sestao [ 0 - 0 ]
7.- R.Sociedad B - Bilbao Athl B [ 2 - 1 ]
8.- Bilbao Athl B - Guijuelo [ 1 - 0 ]
9.- Ponferradina - Bilbao Athl B [ 0 -1 ]
10.-Bilbao Athl B - Celta B [ 0 -3 ]

11.- Pontevedra - Bilbao Athl B [ 3 - 1 ]
12.- Bilbao Athl B - Deportivo B [ 1 - 1 ]
13.- R. de Santander B - Bilbao Athl B [0 - 2 ]
14.- Bilbao Athl B - Sporting B [ 1 -0 ]
15.- Marino - Bilbao Athl B [ 1 - 0 ]
16.- Bilbao Athl B - Real Unión [1 - 2 ]
17.- Bilbao Athl B - Barakaldo [ 3 -1 ]
18.- R. Valladolid B - Bilbao Athl B [ 2 - 1 ]
19.- Bilbao Athl B - Cultural [ 3 -1 ]
__________________________________

O DOMINGO, as 17.00 " CIDADE " vs " BILBAO ATHL B "



O próximo domingo retorna o fútbol a San Lázaro, e recibimos a visita do filial do Athletic. Xa vendo os resultados que foi obtendo ao longo da liga, e como se desfixo de rivales da talla da Cultural, Rácing de Ferrol, Barakaldo, Ponferradina...pronostico un partido nada fácil.
Na foto de abaixo, obsérvase con nitidez, a evolución dun cachorro do Bilbao Athl B, como ruxe coma un León ao chegar a xugar no" Athlétic Club de Bilbao " .

PLANTILLA DO BILBAO ATHL B.

Pinchando no seguinte enderezo teredes aceso a información acerca da plantilla e ficha dos xugadores que compoñen iste equipo, así como outros datos de interese.

http://www.athletic-club.net/web/main.asp?a=4&b=2&C=0&d=0&idi=1


Accedendo a seguinte dirección, se vos informa nela, de resultados e estadisticas.

http://www.resultados-futbol.com/Atletic-Bilbao-B/estadisticas

viernes, 9 de enero de 2009

AVISO : POSPONSE A REUNÓN.

___________________________________
A reunión que días pasados comenten para ter o venres , día 16; posponse para outro día, do cal xa vos imformarén; debido a que a min o próximo venres me é imcompatibel.
________________________________________

jueves, 8 de enero de 2009

INFORMACIÓN SOBRE O " MARINO "

Non atopo moita información disponibel sobre o próximo rival no que nos enfrentamos o domingo :

http://www.clubmarinodeluanco.com/indpri.htm

martes, 6 de enero de 2009

RESULTADOS DO " MARINO " na 1ª VOLTA.

______________________________________
1.- Cidade de Santiago - Marino [ 2 - 0 ]
2.- Marino - Rácing de Ferrol [ 3 - 2 ]
3.- Zamora - Marino [ 2 - 0 ]
4.- Marino - Lemona [ 0 - 0 ]
5.- Sestao - Marino [ 2 - 1 ]
6.- Marino - Real Sociedad B [0 - 0 ]
7.- Guijuelo - Marino [ 5 - 0 ]
8.- Marino - Ponferradina [ 0 - 1 ]
9.- Celta B - Marino [ 0 - 1 ]
10.- Marino - Pontevedra [ 0 - 1 ]
11.- Deportivo B - Marino [ 1 - 0 ]
12.- Marino - Rácing de Santander B [1 - 1 ]
13.- Spórting B - Marino [ 0 - 0 ]
14.- Marino - Real Unión [ 0 - 3 ]
15.- Marino - Athl.Bilbao B [ 1 - 0 ]
16.- Barakaldo - Marino [ 0 - 3 ]
17.- Marino - Real Valladolid B [ Aplazado ]
18.- Cultural - Marino [ 1 - 0 ]
19.- Marino - Lugo [ 0 - 5 ]
_______________________________________

O DOMINGO, DÍA 11, vs " MARINO de LUANCO "




Haber si celebramos goles como os do Lugo, o domingo pasado.

REUNIÓN DA PEÑA PEPE RICO

____________________________________
O vindeiro venres 16 do presente mes de xaneiro, convócase os socios da peña as 20.30 horas en 1ª convocatoría, e as 21.00 en 2ª presencia; no restaurante Paz Nogueira, para aprobar si procede, os asuntos que quedaron pendentes.
Nos próximos días recibiredes por medio de correo tradicional a correspondente misiva co orden do día a tratar.
______________________________________

GOLEADORES DO " CIDADE " na 1ª VOLTA DA LIGA.

_______________________________________
MAIKEL : 5 goles.
CHANGUI : 2 goles.
JESÚS SÁNCHEZ : 2 goles
CAPI : 2 goles.
PEPE RICO : 2 goles.
GONZALO : 1 gol.
LUIGI : 1 gol.
JULEN : 1 gol.
FRANQUEIRA : 1 gol.
DAVID PÉREZ : 1 gol.
_______________________________________
En próximas entradas no blog comentarén detalladamente como foron conqueridos ditos goles: asistencias, saques de banda, etc...

lunes, 5 de enero de 2009

DAVID PÉREZ. AUTOR DO GOL ANTE O SPORTING B.



David Pérez García é un Vigués, profesional do fútbol dende o ano 1997; que escomenzou a sua carreira profesional no Celta B. Dos xugadores que temos na plantilla na actualidade, xunto con Maikel (e algún outro maís ), deberon ser polos que maís equipos pasaron e maís experiencias viviron. Así o amoxa o seu :
Curriculum Vitae:
______________________________
1997-1998 : Celta B.
1997-1998 : Celta.
1990-2000 : Rácing de Ferrol.
2000-2001 : Pontevedra CF.
2001-2002 : Celta B.
2002-2003 : Rácing de Ferrol.
2003-2004 : Elche.
2003-2004 : Ourense.
2004-2005 : Ourense.
2005-2006 : Ourense.
2006-2007 : Zamora.
2007-2008 : Cultural Leonesa.
2008-2009 : Cidade de Santiago.
_______________________________
O longo da sua carreira deportiva, iste interior esquerdo disputou varios "play off ", e logrou un ascenso a segunda división co Rácing de Ferrol; e dous ascensos a división de plata co Celta B, conqueridos en Zamora e en Salamanca, respectivamente.
Co Celta B, na tempada 2001-2002, sendo él capitán do equipo, gañaron a Copa R.F.E.F, nun partido xugado no campo do Gavia, co resultado final de: Gavia - Celta B [1 - 2 ], recollendo David a Copa, que os acreditaban como campións de dita competición.
Na tempada 2003-2004 ficha por un Elche de 2ª división, muy reforzado para isa campaña, con Carlos Cantarero de adestrador, o mesmo ano que Maykel ficha polo Terrassa.
E lembrar que cando estivo no Ourense, foron os anos dourados do CD Ourense.


DAVID...ainda tes corda para rato..

domingo, 4 de enero de 2009

O " CIDADE " CAMPIÓN de INVERNO ENTRE OS GALEGOS DA 2ª B.




Unha vez rematada a 2ª volta o " Cidade de Santiago ", sitúase como o equipo galego millor situado na taboa clasificatoria no grupo I da 2ªB, grupo no que se encadran os equipos de Galicia.

Debemos sentirnos orgullosos de vir da rexional preferente, sin pausas, e rematar a 1ª volta, nesta recén estreada categoría nacional, por diante de equipos históricos como o Rácing de Ferrol, Pontevedra CF, CD Lugo....



¡¡¡ AUPA CIDADE ¡¡¡