jueves, 10 de septiembre de 2009

[ 3ª división ] DOMINGO,DÍA 13, VERIN CF-CIDADE DE SANTIAGO




Iste domingo o Cidade enfréntase o Verín CF. A última visita que o equipo fixo a esta vila ourensán foi o 10 de xuño do ano 2007. Militaba o Cidade por aquel entón en Preferente, e foi precisamente con unha victoria ante o equipo local por [ 0-1 ] o que o aupaba o Cidade de Santiago o ascenso a Terceira División. A foto de abaixo corresponde a celebración polo ascenso de categoría.
No que vai de tempada o Verín perdeu os dous encontros xugados; na 1ª xornada perdía contra o Rápido de Bouzas [ 1 -2 ] e o domingo pasado contra o Alondras [ 2 -1 ]. Polo cal ainda non inagurou o seu casillero de puntos.
O Verín CF de esta tempada atopase en proceso de renovación. A mitade da plantilla é nova.
Para máis información sobre o rival do domingo remítovos a páxina web do Verín CF:
Para leer a crónica de aquel partido que significaría o ascenso a Terceira División no ano 2007, pinchade no seguinte enderezo:
_____________________________________

domingo, 6 de septiembre de 2009

[ 3ª división ] VERDE...MUY VERDE

A derrota de hoxe non me sorprendeu. Entra dentro da lóxica nun equipo que botou a andar fai 8 días. O sorprendente foi o empate de fai unha semán frente o Depor B.
Os que asistimos o campo hoxe vimos as carencias propias dun equipo que leva unha semán adestrando: falta de fondo físico, de cordinación entre os xugadores, e un largo etc.
O preocupante non é o resultado de hoxe nin do próximo partido, senón máis ben o nulo apoio social que ten este club.
___________________________________

viernes, 4 de septiembre de 2009

[ falta directa ] UNHA PLANTILLA QUE ILUSIONA

Debe ser a plantilla deste renovado "Cidade" unhas das máis novas, sino a que máis, de todos os 18 grupos que compoñen a Terceira División a nivel estatal. Dos 19 xugadores que conforman por agora a plantilla, once deles son sub-21.
A idade media desta plantilla, que está ainda por pechar, ronda os 21 anos.
Nela por agora hay sete galegos: o porteiro "Joshua", os defensas "Esteban", Gonzalo "Cajide" e "Damian" Araujo, os centrocampistas "Borja" Fernández e Joel Pereiro "Capi", e o dianteiro "Hugo" Sanmartín; seis xugadores de procedencia Arxentina: os defensas Patricio Bernabé "Pato" e "Pablo" Zarauza, os centrocampistas "Juan Manuel", "Fabio" Brotto e "Marcelo" Belleri, e o dianteiro "Bruno" Crotti; un xugador brasileiro "Rodrigo" de Oliveira; e cinco xugadores procedentes da Comunidade Valencián: o porteiro "Toni", o defensa Juan "Mérida", os centrocampistas "Fran" Calero e "Domingo" e o dianteiro "Angel " Soriano.
Unha plantilla na que o seu adestrador ten plena confianza e según as suas declaracións vai practicar un fútbol diferente o que habitualmente se practica na Terceira División. Un fútbol combinativo, técnico, de toque, en contraposición o fútbol limitado o físico e "o pelotazo", mais propio de esta categoría.
_________________________________

jueves, 3 de septiembre de 2009

[ 3ª división ] O PORTEIRO JOSHUA INCORPÓRASE A PLANTILLA

O que ata agora viña sendo o porteiro do desaparecido "Cidade B", Joshua , o cal vemos na foto intervindo no partido disputado en Padrón este verán contra o Flavia nas semifinales da Copa do Sar, incorpórase na plantilla do "Cidade de Santiago" de 3ª División. Joshua , de 19 anos, formóuse nas categorías inferiores do "Cidade".
Xunto co tamén recén debutante Toni, serán os encarregados de defender a portería do "Cidade" cara a presente campaña. Descoñezo si de inmediato se incorporará un tercer porteiro, pero imaxino que polo de pronto non.
A non ser que acontecera algunha eventualide, tipo lesión de algún dos dous porteiros ao longo da tempada, éu considero que esta posición queda ben cuberta. Lémbrovos que na Terceira División non hay límites de tempo para facer fichaxes.
__________________________________

miércoles, 2 de septiembre de 2009

[ 3ª división ] "CIDADE DE SANTIAGO" vs "CULTURAL AREAS"


...O partido é o vindeiro domingo as 12.00 horas no campo de San Lázaro.
Non dispoño de moita información acerca deste equipo. Iste é o seu primer ano en Terceira División o quedar campeón a tempada pasada na Preferente Sur. Conserva no seu debut en Terceira a maior parte de xugadores con que conqueriu o ascenso, uníndose a plantilla, no capítulo de altas, os defensas Sombri procedente do Caselas, Bugallo (Porriño Industrial) e Brais (Alondras); os centocampistas Facu procedente do Coruxo e Pichi do Melgaço portugués e os dianteiros Gabi (Spórting Celanova) e Diego Couso procedente do Gran Peña, descendido a Preferente.
Na primeira xornada empatou a ceros co Alondras. A crónica deste encontro atoparédela nos seguintes enderezos:
A foto corresponde o partido contra o Alondras .
Foto recollida de Atlántico Diario.
___________________________________

[ falta directa ] INDICIOS DE NORMALIDADE

Ca elección do adestrador Isidro Flausino o "Cidade de Santiago" vai adquirindo a normalidade propia de un equipo que está competindo en 3ª División. Lembremos que non fai ainda unha semán os socios e simpatizantes deste club descoñeciamos os nomes dos xugadores, director deportivo...e calquer outro dato que nos levara a pensar si realmente o equipo saldría ou non a competir. A incerteza non se despexou ata a data límite para presentar as fichas dos xugadores.
Pasados apenas cinco días xa coñecemos os nomes dos xugadores, quen é o director deportivo que confeccionou a plantilla e o adestrador que dirixirá o equipo.
Queda atrás todo un verán cheo de despropósitos: aparte do descenso administrativo; cruze de acusacións entre ex-xugadores e o novo Presidente, acusacións entre ex-directivos e Javier Villalba, rectificacións posteriores, rumores, etc. Todos istes acontecementos tiveron amplia difusión nos medios de comunicación e a imaxen do club quedou muy deteriorada.
A millor forma de recuperar o prestixio é actuando con seriedade e discrección no aspecto da xestión e resultados positivos no ámbito deportivo. Queda un longo camiño por diante si queremos recuperar o perdido, pero polo de pronto xa se divisan indicios de normalidade...
_________________________________

martes, 1 de septiembre de 2009

[ 3ª división ] ISIDRO FLAUSINO BALTASAR, NOVO ADESTRADOR


Isidro Flausino Baltasar será o novo técnico do "Cidade de Santiago".

Isidro é un xoven adestrador de orixe valencián, de 28 anos de idade que estivo vinculado as categorías inferiores do Levante UD, dirixindo os equipos de xuvenis C e B. Perteñeceu a Escola de fútbol base do Levante UD. Adestrou tamén en Preferente o CF.Don Bosco.
Foto: Equipo xuvenil C do Levante UD.
__________________________________

[ 3ª división ] HORARIO DE ADESTRAMENTOS


Os que vos querades acercar aos adestramentos do "Cidade" estes terán lugar no campo de Santa Isabel en sesións dobles de mañán e tarde os días: martes, mércores e venres. O xoves, sesión de tarde no campo San Lázaro 2
O sábado haberá unha sesión táctica.

___________________________________