jueves, 4 de diciembre de 2008

CHAMAMENTO OS SOCIOS DA PEÑA PEPE RICO

Como xa sabedes o consello de administración da "Sd Cidade de Santiago sad", nunha nota oficial o día de onte, acordou dirixirse os pequenos e medianos accionistas do club, pregando a cesión temporal das suas accións, co fin de facilitar que o novo grupo de empresarios interesados en tomar as rendas do equipo poidan levar a bo término o seu propósito.
A asamblea de accionistas está fixada para o día 19 do presente mes, polo cal urxe unha resposta rápida.
As accións do noso club, aparte dos dous socios maioritarios o Sr Devesa e o actual presidente do club, o Sr Xosé Suárez Alén, están muy repartidas entre pequenos accionistas .
Éu, como promotor da peña Pepe Rico, por conversas que tiven con socios da peña, teño coñecemento que algúns de vós poseedes accións do club, e personalmente pidiríavos que accedérades a petición que vos fai o consello de administración, pensando na futura viabilidade do club como proxecto deportivo.
Asimesmo fago un chamamento os socios da peña que coñezan a outros pequenos accionistas, para que lle comenten e lle expliquen a situación, e entre todos facer un esforzo para que isto prospere.
Para máis información dirixirse as oficinas do club:
Campo "Manuel Paz Nogueira". Travesía Divina Pastora. Lamas de Abade.
Tf: 981.593.083

No hay comentarios: