lunes, 27 de octubre de 2008

SOBRE O PARTIDO DE ONTE. A AFICIÓN

Seguimos sen acudir moita xente a San Lázaro. Onte según o diario "La Voz de Galicia" había nas gradas 450 expectadores, según estima o xornal "El Correo Gallego". presenciaban o encontro 500 aficionados.
Estas son as cifras habituais que se manexan dende que escomenzou a tempada; a exceptuar o derbi contra o Racing de Ferrol, que ainda que había gran presenza de siareiros vidos de Ferrol, notábase, que o ser un derbi, achegouse xente de Santiago e comarca a presenciar o partido, que habitualmente non acuden.
Estas cifras entristecen, sobre todo pensando nuns xugadores e nun equipo técnico, que están amosar paciencia é profesionalidade, afectados directamente pola situación económica do club. Saltar o campo e ver tan pouca xente nas gradas apoiandote, cando formas parte dun equipo que representas a cidade de Santiago, non é o millor "recoñecemento" que podan ter.
Sen embargo a afición, nos, os 450-500, que habitualmente acudimos a San Lázaro, estamos apoiando maís o equipo, facemos maís barullo, estamos maís animados, hay maís bombos no campo, presionamos maís o árbitro.
A principio de tempada estábamos maís sosos no campo, maís calados; é mentras non acudan maís expectadores, témonos que facer notar.
Os xugadores e o equipo técnico meréceno.
.........Eiquí, en San Lázaro, de 5 partidos, gañamos 4, e o que se perdou, contra o Barakaldo, foi no minº93...
Nos os da peña Pepe Rico, a seguir animando.

No hay comentarios: