martes, 28 de octubre de 2008

1ª. REUNIÓN DA PEÑA. DÍA E HORA

O vindeiro día venres, sete de novembro, as 21.00 horas, teremos a primeira reunión da peña Pepe Rico, na sede social provisional, restaurante Paz Nogueira, sito na rua Castiñeiriño. Nº14. De acordalo na reunión, sería a nosa sede social permanente.
Pondreme en contacto cos socios da peña días antes, para comunicar o da reunión, xa sexa por e-mail, carta, ou teléfono.

CAPI......¡¡¡¡¡¡ GRACIAS !!!!!!!

Capi...o autor do gol, ante o Lemona, décimas de segundo antes do cabezazo que suporían os tres puntos. Na foto da abaixo, o día da presentación, deste vigués o pasado verán.




lunes, 27 de octubre de 2008

SOBRE O PARTIDO DE ONTE. A AFICIÓN

Seguimos sen acudir moita xente a San Lázaro. Onte según o diario "La Voz de Galicia" había nas gradas 450 expectadores, según estima o xornal "El Correo Gallego". presenciaban o encontro 500 aficionados.
Estas son as cifras habituais que se manexan dende que escomenzou a tempada; a exceptuar o derbi contra o Racing de Ferrol, que ainda que había gran presenza de siareiros vidos de Ferrol, notábase, que o ser un derbi, achegouse xente de Santiago e comarca a presenciar o partido, que habitualmente non acuden.
Estas cifras entristecen, sobre todo pensando nuns xugadores e nun equipo técnico, que están amosar paciencia é profesionalidade, afectados directamente pola situación económica do club. Saltar o campo e ver tan pouca xente nas gradas apoiandote, cando formas parte dun equipo que representas a cidade de Santiago, non é o millor "recoñecemento" que podan ter.
Sen embargo a afición, nos, os 450-500, que habitualmente acudimos a San Lázaro, estamos apoiando maís o equipo, facemos maís barullo, estamos maís animados, hay maís bombos no campo, presionamos maís o árbitro.
A principio de tempada estábamos maís sosos no campo, maís calados; é mentras non acudan maís expectadores, témonos que facer notar.
Os xugadores e o equipo técnico meréceno.
.........Eiquí, en San Lázaro, de 5 partidos, gañamos 4, e o que se perdou, contra o Barakaldo, foi no minº93...
Nos os da peña Pepe Rico, a seguir animando.

sábado, 25 de octubre de 2008

SD.CIDADE DE SANTIAGO - SD.LEMONA

-Polo que estou a obserbar a maioría dos integrantes da peña, estámonos a situar, para visionar os partidos no campo; detrás mesmo do banquillo local. Propoño, si vos parece, que xa no partido de mañan, e nos vindeiros, sexa iste o lugar de posicionamento da peña, nas gradas.
Os membros da peña, que conten con asento maís privilexiado, por suposto, que o aproveiten.
-Mañan, durante o encontro, deixarén follas de afiliación a peña, na cantina do estadio, si coñecedes de alguén que se queira apuntar, xa sabedes onde remítilo.

viernes, 24 de octubre de 2008

ANTE O PARTIDO CONTRA SD.LEMONA

O vindeiro domingo 26 as 17.00 horas, temos cita en San Lázaro. Iste é un partido importante, dispois da derrota sufrida en Zamora. Os puntos a xugarse no noso campo deberían asegurarse, sobre todo tendo en conta a dificil situación económica pola que atravesa o clube. Unha victoria sempre enche de optimismo os xugadores, o equipo técnico, e o consello de administración, en canto a poder seguir negociando en busca de unha solución rápida a actual situación que vive o clube.
Considero polo cal, que iste partido , é de maís importancia co derbi xugado contra o Racing de Ferrol fai duas semáns.
Nos os da peña Pepe Rico, non debemos fallar, hay que animar moito a istes xugadores que están a dalo todo e a demostrar unha gran paciencia e moita profesionalidade.
O domingo....todos o San Lázaro.....

martes, 21 de octubre de 2008

DECLARACIÓNS DE PEPE RICO A " EL CORREO GALLEGO "

Pepe estase a convertir no xugador maís mediatico do equipo, a semán pasada entrevistábano no xornal " La Voz de Galicia ", e hoxe martes, é o diario " El Correo Gallego ", e o periodista Jose Luis Iglesias quen lle fai outra entrevista.
Na da "Voz", Pepe, facía
declaracións respondendo a
cuestións que lle plantexaba
o xornalista, como un dos capitáns que é do equipo.
Preguntas relaccionadas sobre todo como vive o vestuario a situación económica do club, e que tan directamente repercute
no retraso das nóminas os xugadores.
Na entrevista do diario " El Correo Gallego ", Pepe fala da sua volta os terreos se xogo, dispois do accidente laboral que tivo. De como se atopou no campo: "as sensacións foron boas", "saín con boas sensacións do campo", tamén puntualiza: "notóuseme que me faltan partidos e ritmo", "ainda así atopeme millor do esperado, pero tamén é certo que cando éu sain o campo neses minutos, o balón era noso e dominábamos o partido".
"Non estou para aguantar 90 minutos, pero en pouco tempo espero estar o cen por cen", "acorten o periodo de recuperación en tres ou catro semáns, respeito o que se preveía".
Leede toda a entrevista completa e outros temas relacionados co " Cidade " en www.elcorreogallego.es ,area de deportes.

lunes, 20 de octubre de 2008

BAUTISMO DE PEPE RICO NA DIVISIÓN DE BRONCE

Onte no partido disputado ante o Zamora, Pepe debutou ista tempada, dispois da lesión que lle impidira xogar ata entón. No campo " Ruta da Plata ", en terras zamoranas, dispuso duns minutos de xogo, en sustitución de Dopico, aló polo minuto 78 do encontro.
Entrou na convocatoria para iste encontro, porque o adestrador así o considerou necesario, debido a falla, por diferentes motivos, para reforzar o medio do campo, si fose necesario. E os servicios médicos do club consideraron que con un bó reforzo no dedo lesionado, estaría en condicions de poder xugar.
¡¡ quen o iba a pensar...o mercores pasado, ainda afirmaba "espero estar en condicións para xugar dentro dun mes ou quizas antes" !!, e cinco días dispois xa debuta ista tempada, ainda que sexan uns poucos minutos.
Felicidades Pepe.

O SR.CANEDA E FAMILIARES.

A peña Pepe Rico, sabedora dos difíciles momentos que está a pasar o presidente da SD.COMPOSTELA, o Sr Caneda; quere enviarlle ánimos tanto a sua persoa como os seus familiares. Desexamos que a operación médica a cal foi sometido teña resultados satisfactórios, e teña unha recuperación o maís rápido posibel.
Sr.Caneda e familiares...ánimos. E un saludo da nosa peña.

REUNIÓN DA PEÑA II

Soio fai falla decidir o día desta 1ª, pero importante reunión (remítovos a unha das primeiras entradas que fixen no blog, tamén titulada "reunión da peña" -ver no archivo-).
Por motivos de traballo, a todas/os nos interesará que sexa un venres ou un sábado, e que escomenze a eso das 20.30 ou 21.00. ¿ Que vos parece ?.
Enviádeme suxerencias sobre a hora e o día maís convintes, a citarnos para dita reunión.

sábado, 18 de octubre de 2008

REUNIÓN DA PEÑA

O restaurante "PAZ NOGUEIRA", sito no Castiñeiriño, ofreceuse amabelmente, ser sede social da peña. Sería alí entón, donde propoño ter a 1ª reunión.
E por todas/os aficionados o "Cidade", coñecida a vinculación da familia que rexenta dito restaurante co club.
Gracias Eduardo polo ofrecemento.

viernes, 17 de octubre de 2008

SOBRE O Nº DE AFILIADOS A PEÑA

Querendo dar resposta a pregunta, sobre o número de afiliados que por agora conta a peña Pepe Rico, a cifra exacta a día xoves, 16 de outobro, é de 68 socios.
Considero que vamos por bo camiño, en canto as adesións a peña, tendo en conta, que ista peña naceu recentemente e por agora soio hay unha persoa "promotora" deste proxecto; ata que teñamos a 1ª reunión, da cal vos informarén mañán.

jueves, 16 de octubre de 2008

DECLARACIÓNS DE PEPE RICO O DIARIO A " VOZ DE GALICIA " II

No aspecto deportivo, Pepe Rico , que ainda non debutou co Cidade na recén estreada categoría nacional de bronce, non por culpa dun accidente doméstico (según o diario "La Voz de Galicia"), senón laboral (Pepe, é carpinteiro); afirma: " agardo que nun mes ou antes estarei para xogar " .

miércoles, 15 de octubre de 2008

DECLARACIÓNS DE PEPE RICO NO DIARIO " LA VOZ DE GALICIA " I

Hoxe mércores, o xornal La Voz de Galicia, reproduce unha entrevista feita a Pepe Rico.
Como a nosa peña, pretende ser tamén, un homenaxe a iste xugador que aportou tanto o club, e ainda o que lle queda por ofrecer, considerén de interés, reproducir no blog as suas declaración mais relevantes.
É de "vox populi", as dificultades económicas polas que está a pasar a SD.CIDADE DE SANTIAGO, e a entrevista que lle fan a Pepe vae encamiñada, sobre todo, neste aspecto.
Él, como un dos capitáns do equipo, vive de cerca toda ista situación, e declara:
"Estou sorprendido da capacidade de sufrimento deste vestuario, sobre todo da xente que veu nova"
"Os compoñentes do vestuario do Cidade están a demostrar unha categoría humana impresionante. Están a aguantar sen ningún tipo de queixa, sen protestas, sen presións e sen movementos "
"A meirande parte deles lle fan falta estes cartos para vivir, pero o están a levar con grande responsabilidade e profesionalidade. Sen malas historias, e dentro dun bo ambente ".
"Mellor vestuario que o noso non hai na categoría "
Pepe Rico, o mesmo tempo, deixa claro que na plantilla existe preocupación:
"Van pasando os meses e a xente non recibiu nin un euro. Hai que pagar piso e comida e non se está a ver polo de agora moita idea de atopar solucións. Non vemos que se achegue a un acordo "
"Ninguen falou de adoptar medidas para facer presión. Os veteranos xa sabemos como van estas cousas, pero os novos me estan a impresionar coa a súa actitude. Son "oro de ley", pero si todo esto se alarga moito é posible que se converta en insostenibel "
Pepe dí, que dentro de quince días, xa serán tres meses de atrasos e o que maís lle preocupa é:" que non se lle ve solución nun futuro a corto prazo. Non se ve que alguén tome cartas neste asunto "
Según Pepe, a situación sería maís complicada sin os bos resultados que está a ter o equipo: " As victorias tamén axudan. A nosa única forza é gañar partidos e ter o equipo arriba. É a nosa forza para negociar con calqueira. Nos estamos a cumplir para que ninguén poda dicir nada deste vestuario ".

Nos, dende a PEÑA PEPE RICO, esperamos, que canto antes, se solucione a actual sitación económica do club. Asimesmo dar as gracias os xugadores e a todo equipo técnico, pola paciencia que estades a demostrar.
Nos seguiremos animando dende as gradas, ainda con maís empeño.

martes, 14 de octubre de 2008

" OS FESTICULTORES" "[cultivadores de festas ] "

O día do derbi contra o Racing de Ferrol, contamos nas gradas, onde nos situamos a peña Pepe Rico. Ca presenza duns músicos, que, ca sua repercusión e instruméntos variados, amenizáronnos o encontro, animando, sin descanso, o noso equipo.
Ístes músicos son amigos meus, cos que me pusen en contacto durante a semán, previa o partido.
Os que o domingo pasado se atopaban en Santiago, ou non tiñan outros compromisos adquiridos anteriormente, gustosamente se prestaron a vir a San Lázaro, e acompañarnos, nese derbi, que tanto significaba para nos.
É sen pedir nada a cambio, excepto mollar a gorxa, con cerveza sen alcohol.
Remítovos a sua paxina web, donde atoparedes maís información sobre quenes son, que actividades fan,.......¡ vádevos quedar sorprendidos !........

www.festicultores.com

lunes, 13 de octubre de 2008

PALABRAS DE AGRADECIMENTO

Seguindo cas noticias do derbi de onte contra o Racing de Ferrol, comentar que tanto o adestrador do noso equipo, o compañeiro Luisito, agradeceu na roda de prensa posterior o partido, o comportamento da afición do "Cidade", sobre todo nos momentos en que o equipo o maís o necesitaba.
Igualmente, o presidente do clube don José Suárez Alén, tivo palabras de elogio para ambas aficións, pero resaltou que se sentía especialmente feliz, o observar, que pouco a pouco, se está crear base social, condición indispensabel para que o proxecto do club "Cidade de Santiago", prospere.
Onte recibimos o Racing de Ferrol; o partido había creado moita expectación, o ser o 1º derbi galego que se celebraba en San Lázaro, na nosa recén estreada categoría, na 2ªB.
O próximo día 26, do mes presente, achégase o noso campo, o Lemona, outro equipo vasco, destes que se nos pode atragantar.
Desde a peña Pepe Rico, temos que seguir loitando, para que o ambente vivido onte non decaiga. Que haxa a mesma animación nas gradas.
Os xugadores do "Cidade" meréceno...
Merecerían, polo que están a demostrar que o campo estivera cheo.

SOBRE UN COMENTARIO....DUN LECTOR DO BLOG

Iste comentario aparece na entrada: "O derbi contra o Racing...a nosa peña".
Aclaración do adninistrador "provisional" deste blog":
Pola cara da xente, éu por suposto non distingo si son de Santiago uo da comarca; pero conversando con elas si. Éu ca campaña de adesións a peña e por outros motivos, andiven a me mover moito durante o encontro, e mesmo no descanso, seguindo co tema das adesións a peña, falen con diferentes persoas que me confirmaron que se acercaron a San Lázaro dende Sigueiro, Boiro, Boqueixon, Bertamiráns e ate dende Lousame.
De feito a peña Pepe Rico ten afiliados que residen en Boqueixon, Sigueiro e Bertamiráns.

O DERBI CONTRA O RACING...A NOSA PEÑA...

Éu hoxe, estou orgulloso da resposta da aficíón do equipo do "Cidade", no derbi disputado contra o Racing.
Eu estou contento, porque observén que nas gradas, presenciaban o encontro xente, de Santiago e comarca, que normalmente non acude a San Lázaro.
Nos periódicos, os días previos o derbi, vaticinaban, nefastos pronósticos en canto ao nº de aficionados que iba haber: -mais siareiros do Racing que nos, os do "Cidade"-,...e xugando nós na nosa casa,... pero basábanse, nunha base de datos, hay que recoñecelo, de encontros anteriores.
Algo está a cambiar no "Cidade", pouco a pouco, vamos a maís, deportivamente, vese no xogo do equipo, nos resultados, e como estamos situados na clasificación.
E, encanto a afición, e base social, hoxe demos un paso importante.
A peña Pepe Rico ...¡¡¡¡¡ Muitas gracias a todas e todos, os que compoñemos a peña!!!!!....

sábado, 11 de octubre de 2008

PREPARACIÓN PARA O DERBI CONTRA O RACING

Ante o importante partido a disputar mañan, e tendo en conta que seguimos co proceso de adesións a peña; éu estarén presente en San Lázaro as 17.00 horas. Para ir colocando no campo, as pancartas que por agora temos.
Si algún dos socios da peña ten a iniciativa de preparar e levar algunha pancarta maís...millor...( mirade no armario algunha sábana vella, e dadelle a prexubilación anticipada), comprade un spray nun bazar chino, e escribir un texto como por exemplo: ¡ Aupa Cidade !..., ou que consideredes apropiado.
Éu estarén seguidamente, no pasillo de entrada o campo, xusto donde a porta pola cal a xente accede cas entradas . Alí seguirén recollendo adesións a peña. Necesito voluntarios que me axuden.

viernes, 10 de octubre de 2008

SOBRE A MODERACIÓN DOS COMENTARIOS NO BLOG

E.U.F, socio 366 do "Cidade", promotor da peña Pepe Rico, e administrador "provisional" deste blog, considerén, que os comentarios que envien os lectores as entradas que fago neste blog; foran "filtradas", actuando éu como moderador.

O motivo é que iste blog pretende ser un punto de encontro dos menbros da peña Pepe Rico, dos aficionados do "Cidade" e dos amantes o fútbol en xeral; pero non quero dar cabida neste espacio a comentarios malsonantes, insultos, etc...
Eu, como moderador, estou aberto a toda crítica constructiva, e me considero persoa que recoñece os seus propios erros, como comprobaredes o enviar os vosos comentarios.
O espíritu da nosa peña e animar os xugadores do "Cidade" sendo respetuosos co equipo rival e a sua afición. E con ese espíritu nace iste blog. Nada de comentarios malsonantes , nada de insultos...
Un moderador....non é un censor.

jueves, 9 de octubre de 2008

PRESENTACIÓN PÚBLICA DA PEÑA

Unha vez teñamos tido a 1ª reunión da peña, propoño facer unha presentación oficial dela.
Consistiría nun acto público, nun local a concretar, o cal acudiriamos os socios da peña e invitados, arroupados por Pepe Rico e demais xugadores do equipo que nos quiseran aconpañar nese acto; así como algún membro do equipo técnico e da directiva.
Pondríamonos en contacto cos medios de comunicación locais para que partiparan na presentación da peña.
Iste acto, considero, que sería positivo, tanto para a peña, como para o club.
Os medios de comunicación, necesitamos que se fagan eco de que o "Cidade" está vivo, e sobre todo que se está a crear afición e base social.
Canto maís salgamos na prensa, na radio, e na tele: millor para o "Cidade".

SEGÚN O RACING ACUDIRÁN 500 AFICIONADOS

Según informacións recollidas, hoxe xoves, no diario "El Correo Gallego", o Racing de Ferrol, estima que o seu equipo estará arroupado en San Lázaro por 500 siareiros. As tres peñas, que días pasados tiñan confirmado a sua asistencia o derbi, sumase a peña Bahamonde.

Según estas cifras, o dito diario, xa augura, que a presenza de aficionados do Racing pode superar a nosa afición local...Eu estuo seguro que isto non vai acontecer.
As peñas do Racing viaxan pola mañán, e chegarán a Santiago polo mediodía, ambientarán polas ruas de Compostela os momentos previos o derbi, e ista é a millor publicidad que nos poden facer; cara que a xente de Santiago se enteré da disputa diste importante encontro, e se anime a acudir a San Lazaro.
Démoslles as gracias, as peñas do Racing por facernos ista publicidad gratuita do encontro; o pogramar as suas viaxes pola mañán.
Remítovos a pax.web do "Cidade" donde atoparedes maís información.

Dende o blog, hay enlace directo ca pax.www.do "Cidade", soio hay que pinchar na foto de Pepe Rico.

miércoles, 8 de octubre de 2008

¡QUE XURDAN NOVAS PEÑAS!

Dende este blog queremos animar a outros aficionados e socios do "Cidade" a crear e organizarse en peñas.
Nada mais lonxe da intención da peña Pepe Rico é , monopolizar en exclusiva, a aficción do "Cidade".
Cantas maís peñas teña o "Cidade", maís animación haberá nas gradas, e maís arropados se sentirán os xugadores e o club en xeral.
Así que xa sabedes, a organizarse, a animarse, e tirar un pouco por iste equipo que tantas alegrías nos está a dar.

martes, 7 de octubre de 2008

O RACING DE FERROL VEN ACOMPAÑADO DAS SUAS PEÑAS

Según información recollida no diario "El Correo Gallego", hoxe martes, o Racing vai vir a San Lázaro, arroupado polos seus siareiros. En principio están a organizar viaxes para iste 1º derbi, tres das suas principais peñas: os Ferrolterrans, a peña Miudiño, e a peña Morandeira.
Isto eu o vexo positivo. O domingo, vamos a disfrutar de un muy bo ambente nas gradas, e espero que de unha muy boa entrada.
O Racing de Ferrol é un equipo con moita mais hitoria que o "Cidade"; é un recén descendido da división de plata, e con aspiracións serias a recuperar a categoría perdida, de feito chega a San Lázaro en racha, leva conquerido 7 puntos dos 9 posibels, dispois dun inicio de tempada titubeante.
Pero sobre todo o vexo positivo, porque creo que vai a significar unha chamada de atención a nosa afición: o ver como se organizan as peñas dos demais equipos para animar os seus xugadores.
Nos, non nos debemos desanimar, nos estamos empezando, non temos a andadura do Racing.
....Pero tampouco nos non durmamos.

REUNIÓN DA PEÑA.

Propoño, que unha vez finalizado o proceso de adesións a peña, teñamos unha 1ªreunión de socios(o lugar xa o concretaremos), na cal se formalize un organigrama da peña: secretario, tesoreiro, etc.
E se debatan sobre os obxetivos que pretendemos conquerir, como nos vamos a organizar, actividades que queremos levar a cabo, e demais temas que en dita reunión vaian xurdindo.
Sería convinte ter ista 1ªreunión no presente mes de outubre.

lunes, 6 de octubre de 2008

SOLICITUDES DE AFILIACIÓNS A PEÑA

O próximo domingo, no partido que disputa o noso equipo o " Cidade" contra o "Racing de Ferrol", no campo de San Lázaro, aproveitaremos, para seguir recollendo solicitudes de afiliacións, a nosa peña. Dando así por finalizado iste proceso. Dispoís en adiante, propoño, que a xente que se queira unir a peña, o faga: " chamando a porta", eso sí, sempre será benvido.
No viaxe a Lugo apuntouse bastante xente y eu fun afiliando en Santiago a mais socios.
No "Correo Gallego", o día 30-09-2008, martes , dedicáronnos unha páxina enteira o nacimemto da peña, o cal a nivel mediático vennos ben, polo cal creo que o próximo domingo, conquiremos un bó número de afiliacións.

BLOG EN CONSTRUCCIÓN (disculpen os erros)

Aviso: Iste blog está en obras, por agora é un boceto que irá gañando co tempo, e cas aportacións que fagan os socios da peña.

Como socio e promotor da peña Pepe Rico, e mentrás sigamos ca campaña de adesións de socios, considerén unha boa idea para comunicarnos, a creacción de un blog.